Dentro do audiovisual, os videoclips xogan sempre un papel de interese pola súa inmediatez e versatilidade: o mesmo poden achegarse ao cinema experimental que construir pequenas narrativas, ás veces funcionan como laboratorio de ideas para novos e novas cineastas e outras atopamos artistas con longas traxectorias centradas nos vídeos musicais. Continúe lendo Variedade de estilos e talentos na Sección Oficial de videoclips do Festival de Cans
Mes: April 2018
Nove curtas comporán FuraCans, a nova sección competitiva de non ficción do Festival de Cans
Por primeira vez na súa historia, o Festival de Cans incorpora na súa Sección Oficial unha competición de curtametraxes de non ficción, que leva o nome de FuraCans. Continúe lendo Nove curtas comporán FuraCans, a nova sección competitiva de non ficción do Festival de Cans
Os lendarios Burning actuarán na décimo quinta edición do Festival de Cans
O mesmo espírito ecléctico que traslada a selección audiovisual do Festival de Cans déixase ver no listado de artistas musicais que veñen de sumarse ao cartel desta 15ª edición. Continúe lendo Os lendarios Burning actuarán na décimo quinta edición do Festival de Cans
Os filmes ‘A estación violenta’ e ‘British winters’ abrirán o Festival de Cans
O Festival de Cans continúa nesta edición a súa aposta polas novas xeracións de cineastas do país e acollerá a proxección de tres filmes realizados por novos profesionais da creación audiovisual que veñen do mundo da curtametraxe. Continúe lendo Os filmes ‘A estación violenta’ e ‘British winters’ abrirán o Festival de Cans
O Festival de Cans recoñece a traxectoria da produtora Chelo Loureiro co Premio Pedigree 2018
A Asociación Arela decidiu concederlle nesta edición o Premio Pedigree 2018, o seu máximo galardón honorífico, á produtora Chelo Loureiro, unha muller cun papel imprescindible na construcción do audiovisual galego nas últimas dúas décadas. Continúe lendo O Festival de Cans recoñece a traxectoria da produtora Chelo Loureiro co Premio Pedigree 2018
Depedro protagonizará o Concerto Mahou Cinco Estrellas na Leira de Alicia do Festival de Cans
Por cuarto ano consecutivo, Mahou volverá ser un dos principais patrocinadores do Festival de Cans e complementará a programación do evento con distintas actividades relacionadas co cinema e a música. Continúe lendo Depedro protagonizará o Concerto Mahou Cinco Estrellas na Leira de Alicia do Festival de Cans