Responsabilidade Social

A vontade de achega social do Festival de Cans está presente dende os seu obxectivos fundacionais. É algo implícito no seu concepto e a medida que foi medrando foise facendo máis consciente e necesaria. As responsabilidades foron aumentando, todas elas, as que adquiriu o certame por traballar pola cultura galega, e en particular o noso audiovisual, e as que van moito máis alá diso.

Temos unha responsabilidade grande co entorno que nos acolle, co seu patrimonio natural, arquitectónico e cultural, coa súa memoria, cos seus habitantes e súa economía. Queremos que a nosa actividade repercuta positivamente na parroquia de Cans, na súa contorna e no concello do Porriño, apostando por valores ecolóxicos e sostibles, pola economía de proximidade e a creación de dinámicas, sinerxías e prácticas de traballo respectuosas coa realidade que nos rodea.

Tamén temos unha responsabilidade coa xente que nos visita e coa sociedade en xeral. Queremos facer un festival accesible para todas as persoas na súa diversidade funcional. E queremos tamén poñer o noso gran de area para construír unha sociedade máis xusta e igualitaria.

Malia que os compromisos do festival seguirán presentes en todas as súas actividades de forma transversal, consideramos preciso facelos máis patentes, visibles e eficaces. Para isto algúns deles imos artellalos a través dunha serie de iniciativas e proxectos concretos, que iremos desenvolvendo paseniñamente.

Visibilidade das mulleresVisibilidade das mulleres
Educación e didáctica
Economía Kilómetro 0Economía Kilómetro 0