Educación y didáctica

Un dos obxectivos do Festival de Cans é tratar de facer pequenos esforzos para mellorar a sociedade que nos rodea. Dende o festival consideramos que tamén podemos poñer o noso gran de area dende aspectos educativos e didácticos. Por iso desenvolvemos dentro da nosa programación estos aspectos dende tres eixos vertebradores: veciñanza, colexios e familias.

Con respecto ás veciñas e veciños, no año 2016 por vez primeira Cans impulsa un taller coordinado por Juanma Lodo, con dez personas da aldea para facer un documental sobre a memoria dos bares pechados. Desta forma, ademáis de que as veciñas e veciños adquiran coñecementos de montaxe, edición e gravación de vídeo, tamén se traballan aspectos como a recuperación do noso patrimonio cultural e do pasado da aldea. A idea é crear un equipo estable que poida activar unha recuperación do arquivo visual e sonoro e da misma forma crear cada ano contidos propios para o festival.

A segunda destas líneas de traballo ten que ver coa presenza de colexios en Cans. Cada ano pasan polo festival máis de 1.000 chavales de entre 9 e 12 anos. Visitan a aldea, coñecen o festival e participan no programa “Cans do Futuro”, onde aprenden nocións básicas de cine e de xéneros, como diferenciar unha ficción, un documental, unha animación o un videoclip e asisten a coloquios e encontros con directoras e directores, actrices e actores. Sempre dende un tono ameno, educativo e didáctico, marcado polo festival.

Dende o ano 2014, Cans desenvolve unha línea de traballo en relación coas familias, que ten lugar durante o día grande do festival. Unha programación específica dedicada aos pequenos para desfrutar coa familia, onde hai dende talleres de cine ata proxeccións ou introducións á música e ás bandas sonoras feitas en directo por músicos. O futuro de Cans non se entende sen educar e cultivar coñecemento nas xeracións vindeiras.