O Festival de Cans abre o prazo de inscrición para a súa XV edición

O Festival de Cans, que celebrará a súa XV edición do 23 ó 26 de maio de 2018, abre hoxe martes 26 de decembro a súa convocatoria de obras a concurso, que presentará moitas novidades con respecto á edición anterior.

Entre as obras a concurso que se poderán presentar, que deberán de ser de produción galega e realizadas entre 2017 e 2018, están as curtametraxes de ficción e de animación, así como os videoclips, como ven sendo habitual, pero sumarase unha sección novidosa a competición con respecto ó ano anterior, a sección “Furacáns”, centrada nas obras de non- ficción.
“Furacáns” buscará visibilizar as curtametraxes de creadoras e creadores que asuman maiores riscos narrativos. Esta sección xa foi testada con enorme éxito de público na pasada edición, aínda que foi programada a partir de invitacións cursadas directamente polo festival a directoras e directores. Este ano, a sección será por vez primeira competitiva, e terá un premio de 1.000 euros, que otorgará un xurado específico creado para avaliar estas obras.

En total, o certame repartirá 7.900 euros entre as obras premiadas, buscando impulsar a creación das novas e novos creadores audiovisuais de Galicia. Ademáis da categoría “Furacáns”, o festival otorgará entre outros, os seguintes premios; 2.000 euros á mellor curtametraxe de ficción, 1.500 euros ó premio do público ou 1.500 euros á mellor curtametraxe de animación.

Outra novidade é que por vez primeira, o Festival de Cans habilitará na súa web un enlace para poder inscribir de xeito gratuito as obras audiovisuais.
Segue manténdose a opción da plataforma festhome, para quen desexe facelo a través desta vía, cun prezo de 2 euros por cada obra inscrita.

¿A que estades esperando? Consultade aquí as BASES e inscribede os vosos traballos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

nineteen − 17 =