Bases XV Festival de Cans

A Asociación Cultural Arela abre o plazo de admisión de curtametraxes, videoclips e outras obras audiovisuais para participar na XV edición do Festival de Cans, que terá lugar entre o 23 e o 26 de maio de 2018.

As bases do consurso son as seguintes:

1. As curtametraxes e videoclips que se presenten a concurso deben ser obras galegas dos anos 2017 e 2018.

  • A efectos de participación neste festival, por curtametraxes galegas enténdese pezas producidas por produtoras de Galicia ou de fóra de Galicia pero cuxo director ou directora sexa galego.
  • Os videoclips que se presenten deben ser de grupos galegos, ou alomenos constatar que unha parte dos seus membros son galegos e estar dirixidos por directores ou directoras galegos.

2. Aínda que non sexa condición indispensable, valorarase que as obras a concurso sexan estreas absolutas e que non foran aínda amosadas publicamente e así se fará constar nas observacións da ficha de inscrición.

Tamén se valorará nas obras que o equipo técnico e o reparto estea formado por técnicos e actrices e actores galegos.

3. Establécense as seguintes categorías a concurso:

  • Curtametraxes de ficción,
  • Curtametraxes de non ficción (sección “Furacáns”),
  • Curtametraxes de animación (nota 1) e
  • Videoclips.

(nota 1) A categoría de animación só entrará como categoría a concurso no caso de que a organización seleccionase un mínimo de tres curtas en competición oficial. De non ser así, a organización resérvase a opción de traspasar a cantidade destinada a este premio a outras categorías que se poidan abrir dentro do festival.

3.1. O certame admitirá todo tipo de curtametraxes ou longametraxes que puidesen ser exhibidas en seccións paralelas, como filmes de ficción ou non ficción, videocreacións, capítulos de webseries ou outras pezas audiovisuais.

De feito, non se descarta abrir novas categorías a concurso en función do material recibido (en todos os casos se valorará que as pezas non foran estreadas previamente).

4. A duración de cada curtametraxe de ficción non superará os 30 minutos con créditos da obra incluidos.

5. A duración de cada curtametraxe de non ficción da sección “Furacáns” non superará os 40 minutos con créditos da obra incluidos.

6. A data límite para enviar as pezas será o domingo 4 de marzo de 2018 ás 23.59 horas.

A inscrición poderá facerse de dúas formas:

Unha vez feita a inscrición por calquera das dúas formas, a persoa ou compañía que inscribiu a obra recibirá un email de confirmación (revisar a carpeta de spam).

6.1. En ambos casos, para calquera dúbida, contactar co correo concurso@festivaldecans.com.

7. Na ficha de inscrición da obra debe especificarse claramente quen é o ou a representante legal da obra. En caso de ser premiada cunha dotación económica, o ou a representante legal será quen ingresará a cantidade correspondente.

Así mesmo, o autor/a ou representente legal da curta comprométese a presentar obras onde as imaxes e as músicas sexan orixinais ou no seu caso teñan o permiso necesario para utilizalas, que deberán adxuntar se así o require a organización.

8. Todas as curtametraxes e o material audiovisual que se envíe para concursar e participar en Cans deberán ter o seguinte formato de proxección: .MOV ou .MPEG (codec H264)/ bitrate max 15000 kbps, audio AAC. Resolución: 1280 x 720 ou superior.

9. As obras seleccionadas para a competición oficial recibirán unha notificación privada do Festival de Cans nas semanas anteriores á celebración do certame, coñecerano antes de que se faga público.

Posteriormente tamén se lles comunicará ós non seleccionados.

10. As obras seleccionadas serán exhibidas dentro da programación do XV Festival de Cans que terá lugar do 23 ó 26 de maio de 2018.

11. A organización resérvase o dereito de empregar ata o 10% do minutado de cada peza seleccionada para uso promocional do festival e das propias obras.

12. As obras gañadoras poderán ser exhibidas integramente, despois da celebración do evento, nun circuito de actos promocionais do Festival de Cans a celebrar en varias localidades galegas, españolas e doutros países, previa comunicación á persoa responsable legal da obra.

13. Establécense catro xurados:

  • Xurado de curtametraxes de ficción,
  • Xurado de curtametraxes de non ficción (Sección “Furacáns”),
  • Xurado de videoclips e
  • Xurado especial dos veciños de Cans.

Os xurados de curtametraxes e de videoclips estarán formados por profesionais dos ámbitos do cine, do audiovisual, da música, da comunicación e da cultura.

Serán anunciados antes do inicio do festival e a súa decisión será inapelable.

14. Para os premios do público, as votacións efectuaranse mediante papeleta que se dará aos asistentes a cada sesión. Será gañadora en cada categoría a obra coa mellor media aritmética, resultante de dividir a puntuación total obtida en cada sesión entre o número de votantes e sumar despois as medias obtidas pola obra en todas as sesións.

15. Os premios poderán quedar desertos se algún dos xurados así o decide.

Os xurados poderán establecer as mencións especiais que consideren oportunas.

16. Establécense os seguintes premios, coa dotación económica e/ou os galardóns que se indican (nota 2):

  • Premio do xurado á Mellor Curtametraxe de ficción: 2.000€ e Can de Pedra.
  • Premio do público á Mellor Curtametraxe de ficción: 1.500€ e Can de Pedra.
  • Premio do xurado á Mellor Curtametraxe de animación: 1.500€ e Can de Pedra (nota 3).
  • Premio do xurado á Mellor curtametraxe de non ficción (Sección “Furacáns”): 1.000 euros e Can de Pedra.
  • Premio do xurado ao Mellor Guión: 300€ e Can de Pedra.
  • Premio do xurado á Mellor Realización: 300€ e Can de Pedra.
  • Premio do xurado ao Mellor Actor: 250€ e Can de Pedra.
  • Premio do xurado á Mellor Actriz: 250€ e Can de Pedra.
  • Premio do xurado á Mellor Banda Sonora Orixinal: Can de Pedra.
  • Premio do xurado dos veciños á Mellor Curtametraxe: Can de Pedra.
  • Premio do xurado ao Mellor Videoclip: 500€ e Can de Pedra.
  • Premio do público ao Mellor Videoclip: 300€ e Can de Pedra.

(nota 2) Todos os premios están reflexados en cantidades brutas. Sobre eles aplicaranse no seu momento as correspondentes retencións esixidas según a lei vixente.
(nota 3) O premio do xurado á mellor curta de animación só se concederá no caso de que haxa un mínimo de tres curtas de animación seleccionadas para participar na competición oficial. De non ser así, a organización resérvase o uso desta dotación ou de parte dela para distribuila entre novas categorías que poidan xurdir no festival.

A participación nesta convocatoria implica a aceptación destas bases.