Cuberto de Pato

Cuberto_de_Pato-1

O Cuberto de Pato é un dos catro espazos históricos nos que comezou o Festival de Cans no ano 2004. É un alpendre que ten o encanto do chan de terra e das vellas táboas, igual que os de antes, pero que o deixamos de lado durante varias edicións porque é o máis limitado de aforo de todo o festival. Recuperamolo para adicalo a proxecións e actividades para nenos. Seguro que Mela e Marta estarán encantadas de estender a alfombra vermella para recibirvos!