Cuberto de Antonio

Cuberto de Antonio

Este é un dos lugares máis emblemáticos do festival. Unha vella casa que é sala de proxección desde a primeira edición, e que tradicionalmente era un lugar onde se destilaba augardente para toda a aldea. Aínda quedan, nalgún lugar do chan, restos das pedras onde se apoiaba o pote. Nesta sala se fan actividades para  nenos no exterior.