Cuberto de Chelo

Cuberto-de-Chelo

O Cuberto de Chelo é outro dos espazos máis amplos do festival e pertence á familia Romero Casalmorto, unha das máis activas e volcadas co evento. Eles preparan tamén a Costa Azul que sobe para a súa casa. Normalmente nesta sala, que hai anos foi unha adega, hai herba empacada para sentar.