Baixo de Alfonso

O Baixo de Alfonso está no barrio da Pedreira. É un baixo amplo e aqueles ós que lles cadra a entrada para a primeira das sesións a concurso, achéganse alí un pouco antes para ver pasar por diante a procesión de chimpíns do sábado que vai ás 15.30 horas para o Torreiro, dende o barrio do Castillo. Alí sempre estarán os amables propietarios Marisol e Fonso para parrafear con vós e de paso explicarvos un dos segredos mellor gardados do festival, ¿Que é a porta voadora? Aviso: só poderán sabelo os que teñan entrada para esta sala durante ó festival.