Costa Azul

Costa Azul

Cada ano, os veciños do barrio da Pedreira, decoran a costa que sobe ó Cuberto de Chelo coas novas e fotos máis relevantes dos últimos anos do festival. Coa particularidade de que o azul é a cor predominante. Así naceu a Costa Azul, a de Cans, aínda que non teña mar. Chelo, Constante, Paula e toda a familia traballan para deixar impecable este espazo.