Baixo de Moncho

Baixo de Moncho

Ubicado debaixo do que foi o antigo Bar Moncho, este baixo con chan de terra é unha mestura de adega e garaxe. Tanto podedes ver os barrís de viño da colleita de Moncho como os xamóns colgando nunha esquina. Cun pouco de sorte, Moncho ata pode sacar a harmónica e botar unhas pezas. Un lugar de proxeccións e de reunión, por onde pasa toda a xente que chega ao festival camiñando.