Torreiro – Espazo Estrella Galicia

Torreiro

O Torreiro de Cans, á beira da igrexa, é o centro das maiores celebracións do festival. Neste espazo hai coloquios, concertos e colócanse as estrelas ós homenaxeados. No seu chan pódense ver as estrelas de visitantes ilustres como Fernando León, Isabel Coixet ou José Luis Cuerda. Tamén no muro, algunha lembranzas de homenaxes que se fixeron nos últimos anos, como a do compositor Rogelio Groba.