TODO É CÁRCERE

festival-de-cans-2024-a-que-andas-todo-e-carcere

Dirección e guión: Eloy Enciso. O director de Arraianos (2012) e Longa Noite (2019) volve a indagar no inferno da guerra civil española a través dunha serie de lugares de memoria hoxe reconvertidos ou esquecidos. Vai de: Unha viaxe por Galicia e o territorio español a partir dos lugares nos que existiron campos de concentración e prisións franquistas. Poñendo en conversación os relatos sobre o día a día daquela reclusión, co estado e usos deses espazos hoxe en día, a película pon de manifesto a extensión e magnitude dun dos episodios máis escuros e descoñecidos do franquismo. Estado: en preproducción