Malencolía

Martes 17 | 17.30 h. | Centro Cultural Municipal do Porriño
Coa presenza do director Alfonso Zarauza
Capacidade: 180 persoas
2021 | 70’ | España | Galego

Dirección e Guión: Alfonso Zarauza Produción: Alfonso Zarauza, María Yáñez e Xavi Font Fotografía: Alberte Branco Montaxe: Fernando Alfonsín Son: Javi Pato Música: Xabier Bértolo Reparto: Melania Cruz, Xulio Abonjo, Iolanda Muíños, Diego Anido, Ledicia Sola, Marta Lado, Xosé A. Touriñán, Deborah Vukusic, Tito Asorey, Ricardo de Barreiro  Xénero: Ficción Vai de: Sira e Pepe son unha parella que, fartos da vida en precario e do frenesí da cidade de Berlín, deciden volver a Galicia tras anos emigrados na Alemaña. Atopan por internet unha casiña na aldea abandonada de Lupián, provincia de Ourense, e deciden deixalo todo para iniciar unha nova vida alí. Chegados a aldea, descobren con sorpresa que na única casa habitada vive unha peculiar señora chamada Isolina.

O detalle: A actriz Iolanda Muíños e o actor Diego Anido gañaron os premio Mestre Mateo á mellor interpretación de reparto feminina e masculina, respectivamente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

nineteen − 19 =