Economía Kilómetro 0

Desde o Festival de Cans temos claro que queremos facer un festival para intentar transformar ou alomenos mellorar a sociedade e o entorno no que vivimos.

Concebimos o festival como un evento que debe dar retorno ós veciños e ó pobo. En Cans cremos que debemos asumir unha responsabilidade social.

Por iso mercamos e consumimos coa idea de “Kilómetro 0”. Sempre no comercio de proximidade en detrimento das grandes superficies, tratando de empuxar ó pequeno comercio e os negocios locais.

Edición tras edición o festival crea un maior número de altas laborais directas e de empregos indirectos e contrata con máis autónomos e pequenas empresas. Todos estes traballos son realizados na medida do posible por persoas de Cans, de O Porriño ou arredores.

Cada vez que consumes algo no Festival de Cans, queremos que te sintas orgulloso de que contribúes á nosa filosofía “Kilómetro 0”.