![Cuberto de Antonio](https://www.festivaldecans.gal/wp-content/uploads/2023/03/Cuberto-de-Antonio..jpg)
Este é un dos lugares máis emblemáticos do festival. Unha vella casa que é sala de proxección desde a primeira edición, e que tradicionalmente era un lugar onde se destilaba augardente para toda a aldea. Aínda quedan, nalgún lugar do chan, restos das pedras onde se apoiaba o pote. Nesta sala se fan actividades para nenos no exterior.