![Casa de Mari](http://www.festivaldecans.gal/wp-content/uploads/2015/12/Casa-de-Mari.jpg)
Cerca da Casa do Carreira está a Casa de Mari, que se caracteriza porque durante o ano ten moitos paxaros nas súas gaiolas no baixo. A veces deixa algún por alí durante o festival e de cando en vez bótanlle un cántico, así que non vos asustedes. Desde a porta da casa que nos prestan Mari e Silva hai unha moi boa vista dunha parte de Cans e do Monte Castelo que se ve enfrente.