Cans Participa

Cans é un festival que impulsa a participación colectiva. Dende nenos a maiores, sexan ou non veciñas e veciños da aldea, todas e todos teñen o seu espazo en Cans, a través de obradoiros de documental, concursos de debuxo e deseño, roteiros, etc. Centos de persoas traballaron nas últimas semanas para participar nalgunha actividade convocada polo Festival de Cans.