Proxección Homenaxe a Kepa Junkera

Mércores 22 | 19.00h | Baixo de Carlos

Trala ruada musical do Torreiro ata o Jaliñeiro, onde descubriremos a placa homenaxe a Kepa Junkera, proxectaranse dúas curtametraxes documentais inéditas, arredor da vinculación deste músico co Festival de Cans. Coa presenza de Kepa Junkera e dos directores Susana Sotelo e Martín Rodas. Tamén se proxectará o avance do videoclip Para Kepa, dirixido por Juan Lesta, que se estreará na Noite dos Veciños.

festival-de-cans-2024-longametraxesde-merexo-a-kepa

DE MEREXO A KEPA
2024 | 5’ | España | Español | Estrea absoluta

Dirección: Susana Sotelo e Iria Lema Produción: Festival de Cans Xénero: Documental Vai de: No ano 2013 Kepa Junkera chegou a Galicia para contactar, nos lugares máis remotos, con moitos músicos que él consideraba que eran as fontes do tesouro da música tradicional galega. O resultado foi o emocionante disco “Galiza”. Un daqueles músicos era o acordeonista Pazos de Merexo, histórico músico da Costa da Morte. As directoras, Susana Sotelo e Iria Lema, recollen aquí o emotivo encontro de Pazos con Kepa.

O detalle: O proceso non puido culminarse, pero esta curta documental inédita quedou, despois de falecer Pazos, como unha testemuña fascinante.

festival-de-cans-2024-longametraxes-cans-con-K

CANS CON K
2024 | 19’ | España | Galego | Estrea absoluta

Dirección e montaxe: Martín Rodas Cámaras: Adrián Van Alten, Martín Rodas Con: Kepa Junkera, Cristina Pico, Carolina Vázquez, Pazos de Merexo Xénero: Documental Vai de: En maio de 2014, Kepa Junkera realizou unha actuación memorable no histórico Jaliñeiro da Casa de Pedreiro, no Festival de Cans. Naquel momento, o realizador Martín Rodas rexistrou para o arquivo de Gz Música, o emotivo pasarrúas de Kepa polos camiños da aldea e a actuación no Jaliñeiro, aclamado por unha multitude. Poucos meses despois Kepa sufriría o accidente que o apartou da música, polo que esta actuación cobrou unha dimensión única.

O detalle: Rodas busca nesta obra unha cercanía orgánica co artista, coa cámara moi pegada a él. Ademáis, recupera moitos minutos de arquivo que permanecían inéditos, con imaxes a veces deterioradas polo tempo. Un documento irrepetible.