NOITES DE PRATA

NOITES DE PRATA

2024 | 4’ 19” | Español | Galego

Noites de prata

Dirección, montaxe e fotografía: Soraya Antelo Morales Guión: Rita Cid Rivas Produción: Rita Cid Rivas e Alberto García Menéndez  Banda sonora: Guillermo Franganillo Parrado Xénero: Animación Vai de: Unha noite coma tantas outras, Lola sobe ao escenario para ganar a vida coa súa voz. Guiados pola música e polos versos do bolero que entoa, veremos os eventos que levaron a Lola a abandonar Galicia para ir vivir nas terras que baña o Río da Prata. A canción que canta a protagonista serve de fío condutor e narrativo para contar a vida de Lola desde a súa infancia ata o momento actual O detalle: Soraya Antelo é unha animadora a seguir de cerca. Esta curta, que mestura técnicas de animación 2D e 3D, foi finalista dos últimos Premios Mestre Mateo.

CADÁVER DE DRAGÓN

CADÁVER DE DRAGÓN

2024 | 11’ 54” | España | Sen diálogos

CADÁVER DE DRAGÓN

Dirección, produción, montaxe e animación: José Garnelo Guión: Jacobo Díaz e josé Garnelo Son: Miguel Bianchi Música: Xavier Bertolo Xénero: Animación Vai de: Un náufrago desperta nuhna illa co corpo morto dun dragón que se está a descompoñer e que é a súa única compaña. Un estraño vínculo xurde entre náufrago e cadáver conforme o protagonista vence os seus medos, mentres suceden ao seu redor sorprendentes acontecementos O detalle: Debú do vigués Garnelo na dirección, logo de asinar en Psiconautas o seu primeiro traballo como animador. Habitualmente traballa en animación en productoras europeas.

Retrospectiva Sinais furtivos, curtametraxes de Margarita Ledo

Retrospectiva Sinais furtivos, curtametraxes de Margarita Ledo

Antes de comezar a súa carreira, ou en paralelo ó seu traballo como directora, moitas destas pezas servíronlle a Ledo de ensaio para explorar a linguaxe cinematográfica e buscar diferentes camiños narrativos. Son filmes —algúns, inéditos— que estaban esparexidos en varios arquivos e que desde o Festival de Cans rescatamos a modo de traxectoria vital da cineasta.

Xoves 19 | 16.30 h. | Círculo Recreativo Cultural

Coa presenza de Margarita Ledo
Capacidade: 250 persoas

ILLA
2008 | 2’56” | Galego 
Vai de: O exilio e a memoria da perda. O corpo como ausencia. Resta o berro.

BUCLE
2017 | 5´| Galego
Vai de:  Sobre mulleres herdeiras da Guerra Civil. Do silencio á acción, nunha paisaxe onde cada doa resoa nas outras.

NIMBOS, NOITE NO MUNDO
2014 | 4´10” | Galego
Vai de: Un poema amoroso e os ecos do Díaz Castro tradutor, do rigor formal, do vento.

GROENLANDIA
2019 | 3’13” | Galego
Vai de: O cambio climático e o feminicidio como cicatriz no pensamento.

PAROLAR CUN EU
2022 | 18’ | Galego
Dirección: Xisela Franco. Vai de: Unha muller desprázase por unha cidade, Vigo. Busca un sinal que a leve á fábrica de cerámica Álvarez. Pasos perdidos sobre entullos e, á súa vez, unha experiencia infestada de interrogantes, do paso do tempo, dos distintos estados da desaparición que conducen á morte pero que, de xeito paradóxico, aparecen como memoria viva dunha ruptura traumática.

CINE MARINO
2013 | 8’14” | Galego
Vai de: Pequena homenaxe ao cinema vilego cos seus espazos, obxectos, querenzas.

Venres 20 | 19 h. | Baixo de Bugarín

Coa presenza de Margarita Ledo
Capacidade: 75 persoas

A AUGA BRANCA
2019 | 5’ | Galego
Vai de: Percorrido na procura de sinais á volta da Fonte da Esperanza, dos latexos dun lugar que leva o nome de Santa Mariña do Monte e dunha voz que regresa.

LAVACOLLA, 1939
2005 | 5’19” | Galego
Vai de: Aquel tempo no que a construción do aeroporto foi un campo de traballos forzados.

PARA LÍSTER 2
2007 | 15’ | Galego
Vai de: Fragmentos do século XX a través do neno canteiro que chega a xeneral de tres exércitos.

CIENFUEGOS
2008 | 16’ | Galego
Vai de: Dupla viaxe, a que realiza a cineasta cubana Belkis ao lugar onde naceu miña nai e o devalo de min propia polos vestixios cubanos que rodearon a mamá.

Correspondencias

CORRESPONDENCIAS

Sábado 21 | 13.30 h. | Baixo de Carlos
Capacidade: 75 persoas

O público poderá participar nun coloquio con Eloy Domínguez e con Samuel Moreno.
Estará con nós no Baixo de Carlos Eloy Domínguez Serén e, por videochamada desde Colombia, tamén Samuel Moreno.

O Festival de Cans inaugurou a pasada edición esta sección con clara vocación internacional e co obxectivo posto en tender pontes entre cineastas españois e latinoamericanos. Como fixo o cine epistolar entre Galicia e América da década de 1950 damos visibilidade a cartas filmadas de ida e volta entre realizadores de diversos países.

Nesta edición proxectaremos a segunda parte da correspondencia fílmica cruzada entre o galego Eloy Domínguez e o colombiano Samuel Moreno. O ano pasado o público puido ver as primeiras cartas, nas que os autores reflexionan sobre o feito de filmar e de se comunicar a través da cámara. Meses despois, a pandemia e os confinamentos obrigáronnos a pensar a vida doutro xeito; agora, o tempo semella correr de maneira diferente e o illamento fai que ambos cineastas observen a realidade máis próxima e familiar con outros ollos. Presentamos, logo, un avance en exclusiva da segunda serie desas cartas entre Galicia e Colombia, nun ano que mudou para moitos a percepción da vida e resucitou vellas pantasmas. A idea é poder concretar as filmacións nunha longametraxe documental, que se presentará nos vindeiros meses nun festival internacional.

CORRESPONDENCIA COLOMBIA-GALICIA
2021 | 26’ | España e Colombia | Castelán
Dirección, cámara e montaxe: Eloy Domínguez e Samuel Moreno Álvarez Xénero: Documental Vai de: Dous amigos e colegas cineastas manteñen unha correspondencia fílmica transoceánica entre Colombia e Galicia. Durante a presente edición do Festival de Cans poderanse ver dous fragmentos de dúas desas cartas.

Miedo al miedo

Miedo al miedo

Sábado 21 | 16 h. | Baixo de Carlos
Coa presenza da directora Menchu Esteban e a protagonista Eme DJ
Capacidade: 75 persoas
2021 | 17’ | España | Castelán

Dirección, guión e montaxe: Menchu Esteban Produción: Jaime Llamas, Menchu Esteban Fotografía: Javier de Usabel Son: Miguel Salas, Jorge Albargués Música: David Van Bylen Intérpretes: Eme DJ Xénero: Documental Vai de: Erguerse cada mañá é unha batalla para Eme DJ: o espertar dos seus demos, os mesmos que lle murmuran que non o está a facer ben dabondo, porque semella que amar a música non é suficiente.

O detalle: En 2019, durante o MTV Day de Sevilla, Menchu Esteban comezou a rodaxe desta curta, estreada tres anos despois, no Festival de Cine de esa cidade.