O FESTIVAL DE CANS SEGUE TRABALLANDO CO HORIZONTE POSTO NAS DATAS PREVISTAS, PERO NON DESCARTA UN APRAZAMENTO

A alerta sanitaria derivada do Covid-19 mantén en vilo á organización do Festival de Cans, que tampouco permanece allea a esta situación. Aínda que o festival segue traballando co horizonte posto nas datas previstas inicialmente para a celebración do evento, do 19 ao 23 de maio, non se descarta un posible aprazamento. Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS SEGUE TRABALLANDO CO HORIZONTE POSTO NAS DATAS PREVISTAS, PERO NON DESCARTA UN APRAZAMENTO

O FESTIVAL DE CANS RECIBE UN TOTAL DE 251 OBRAS PARA PARTICIPAR NAS DIVERSAS COMPETICIÓNS

O Festival de Cans celebrará este ano a súa XVII edición do 19 ao 23 de maio, ampliando a súa programación de catro a cinco días, e volveu obter unha magnífica resposta por parte das creadoras e creadores galegos. Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS RECIBE UN TOTAL DE 251 OBRAS PARA PARTICIPAR NAS DIVERSAS COMPETICIÓNS

O FESTIVAL DE CANS E GADIS FAN ENTREGA DE 25 CESTAS DE NADAL A VECIÑAS E VECIÑOS DE CANS

O Festival de Cans e a empresa Gadis entregaron nestas datas de nadal no Torreiro de Cans, un total de 25 cestas con produtos navideños a todas as veciñas e veciños de Cans que colaboran prestando as súas casas durante os días do certame. Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS E GADIS FAN ENTREGA DE 25 CESTAS DE NADAL A VECIÑAS E VECIÑOS DE CANS

ABERTA A CONVOCATORIA PARA A XVII EDICIÓN DO FESTIVAL DE CANS

O Festival de Cans abre este martes 17 de decembro a convocatoria de envío de obras a concurso para a súa XVII edición, que terá lugar nesta aldea de O Porriño entre o 19 e o 23 de maio de 2020, sumando un día máis de festival respecto á edición anterior.

Continúe lendo ABERTA A CONVOCATORIA PARA A XVII EDICIÓN DO FESTIVAL DE CANS

O FESTIVAL DE CANS E CARLIN ENTREGAN CHEQUES DESCONTO ÁS NENAS E NENOS DA ALDEA

O Festival de Cans entregou nestes días os cheques desconto para que as rapazas e rapaces da aldea que colaboran co certame, poidan canxealos por material escolar neste inicio do curso. Esta entrega é froito dunha colaboración que o festival asinou coa cadea de papelería Carlin, unha das firmas colaboradoras do certame.

Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS E CARLIN ENTREGAN CHEQUES DESCONTO ÁS NENAS E NENOS DA ALDEA

O Festival de Cans bateu o seu récord de contratacións chegando ás 132 persoas

Unha edición máis, o Festival de Cans sitúanse como un dos proxectos culturais con impacto social e económico das súas actividades no ámbito xeográfico no que se desenvolve, dinamizando a economía local e incrementando o número de postos de traballo asociados ao certame.

Continúe lendo O Festival de Cans bateu o seu récord de contratacións chegando ás 132 persoas

O Festival de Cans proxectará as curtas gañadoras da súa XVI edición durante dous domingos consecutivos na Sala Ingrávida

A Sala Ingrávida acollerá as proxeccións das curtas galardoadas na XVI edición do Festival de Cans. Debido ao repartido que quedou o palmarés, esta tradicional sesión dividirase en dous días. Continúe lendo O Festival de Cans proxectará as curtas gañadoras da súa XVI edición durante dous domingos consecutivos na Sala Ingrávida

Rodrigo Sorogoyen e a actuación do Gran Wyoming encabezan o día da entrega de premios en Cans

O Festival de Cans chega á celebración do seu Día Grande coa entrega dos premios desta 16ª edición e acollendo tamén as actividades musicais, cinematográficas e os encontros máis interesantes. Continúe lendo Rodrigo Sorogoyen e a actuación do Gran Wyoming encabezan o día da entrega de premios en Cans

O xurado de videoclips premia “Vision”, dirixido por Peque Varela para Window Pane

A Praza do Concello acolleu onte a celebración da Noite LASAL co concurso de videoclips no que se proxectaron dezanove pezas e no que se puido ver unha mostra das propostas musicais e audiovisuais galegas máis recentes. Continúe lendo O xurado de videoclips premia “Vision”, dirixido por Peque Varela para Window Pane

‘Eroski Paraíso’ e ‘Global Player’, proxeccións estrela do segundo día de Cans

Mañá xoves, o Festival de Cans acolle como filme de apertura a pre-estrea de Eroski Paraíso e a proxección de Global Player, a película que completa a primeira retrospectiva internacional do certame dedicada ao director alemán Hannes Stöhr. Continúe lendo ‘Eroski Paraíso’ e ‘Global Player’, proxeccións estrela do segundo día de Cans

O Festival de Cans inicia este sábado na Sala Ingrávida a retrospectiva do director alemán Hannes Stöhr

O Festival de Cans, que se celebrará do 22 ao 25 de maio, inicia esta fin de semana na Sala Ingrávida as proxeccións da que será a primeira retrospectiva internacional da historia do certame dedicada ao director alemán Hannes Stöhr. Continúe lendo O Festival de Cans inicia este sábado na Sala Ingrávida a retrospectiva do director alemán Hannes Stöhr

O Local Parroquial de Cans acolle mañá xoves ás 19h a venda física de entradas do 16º Festival de Cans

Mañá xoves 16 de maio, o Festival de Cans porá a venda as derradeiras entradas para acudir ás proxeccións das curtametraxes da Sección Oficial desta 16º edición e para asistir a outras actividades e sesións paralelas de pago.

Continúe lendo O Local Parroquial de Cans acolle mañá xoves ás 19h a venda física de entradas do 16º Festival de Cans

O Festival de Cans contará coa exposición “Outra pel, outro rostro” da fotógrafa Cris Andina

O Festival de Cans no seu intento de ter o cinema como punto de partida e achegar o festival a outras disciplinas, programa por primeira vez unha exposición fotográfica, que vai máis alá das datas principais do certame. Continúe lendo O Festival de Cans contará coa exposición “Outra pel, outro rostro” da fotógrafa Cris Andina

Rodrigo Sorogoyen e o Gran Wyoming súmanse ao programa da edición máis internacional de Cans con cineastas de ata seis países

➡ DESCARGA AQUÍ O DOSSIER DE PRENSA DA XVI EDICIÓN DO FESTIVAL DE CANS

A Casa do Cid acolleu a presentación da programación completa do Festival de Cans, cando quedan menos de 15 días para que arrinque esta XVI edición. Continúe lendo Rodrigo Sorogoyen e o Gran Wyoming súmanse ao programa da edición máis internacional de Cans con cineastas de ata seis países

Marlango e The Legendary Tigerman, primeiras confirmacións musicais do Festival de Cans

O Festival de Cans, que se celebrará do 22 ao 25 de maio, presenta hoxe un avance de dous dos concertos fortes da súa programación. Unha das novidades importantes deste ano é a remodelación do espazo da Leira da señora Alicia, que pasará a chamarse Espazo Estrella Galicia Continúe lendo Marlango e The Legendary Tigerman, primeiras confirmacións musicais do Festival de Cans

Budiño, Antón Reixa e Chisme convertirán o Invernadoiro de Mucha do Peso nun dos espazos estrela do Festival de Cans

A señora Mucha e o seu home, Juan, dúas das persoas de maior idade da aldea de Cans, 80 e 88 anos respectivamente, comezan estes días a estirar a alfombra vermella para acoller de novo no seu cuberto e no seu invernadoiro, unha das chamadas a ser a programación estrela da XVI edición do Festival de Cans.

Continúe lendo Budiño, Antón Reixa e Chisme convertirán o Invernadoiro de Mucha do Peso nun dos espazos estrela do Festival de Cans

Nove curtas compoñen FuraCans, a competición de non-ficción que se consolida no Festival de Cans

O Festival de Cans acolle por segundo ano dentro da súa sección oficial o bloque de FuraCans, a competición de non-ficción que se consolida nesta 16ª edición. Neste espazo, no que se poderá ver unha panorámica xeral do que están a realizar parte das xeracións máis novas do cinema galego Continúe lendo Nove curtas compoñen FuraCans, a competición de non-ficción que se consolida no Festival de Cans

O cineasta alemán Hannes Stöhr protagoniza a primeira retrospectiva internacional do Festival de Cans

O realizador alemán Hannes Stöhr asistirá ao Festival de Cans, que se celebra do 22 ao 25 de maio, para protagonizar a primeira retrospectiva internacional da historia do certame. Continúe lendo O cineasta alemán Hannes Stöhr protagoniza a primeira retrospectiva internacional do Festival de Cans

O Festival de Cans acollerá por primeira vez un Concurso de Pintura Rápida que xirará arredor do cine

O Festival de Cans acollerá por primeira na súa historia un Concurso de Pintura Rápida na cita anual do evento coa creación artística. A actividade sustituirá á Can Parade, en busca de abrirse a novos horizontes e disciplinas.

O concurso terá lugar en O Porriño, no entorno da praza do Concello, o xoves 23 de maio. Continúe lendo O Festival de Cans acollerá por primeira vez un Concurso de Pintura Rápida que xirará arredor do cine

O Festival de Cans viaxa este venres ata a Sorbona de París

O Festival de Cans, que se celebrará do 22 ao 25 de maio, porá nesta 16ª edición o foco de atención na súa internacionalización. Esta vontade, presente na imaxe gráfica e no lema deste ano, márcase na idea de ir abrindo unha fiestra para aumentar a presenza de realizadoras e realizadores doutros países Continúe lendo O Festival de Cans viaxa este venres ata a Sorbona de París