A MIRADA DELAS

2024 | 14’ 49’’ | España | Galego | Estrea absoluta

festival-de-cans-novas-camadas-2024-A-MIRADA-DELAS

Dirección, guión e montaxe: Clara Maseda da Veiga Produción: Miramemira y Amorambre Films Fotografía: Alejandro Rodríguez Xénero: Documental Vai de: “Miña nai sempre me dixo que podía ser o que eu quixese. A través de videos caseiros gravados na miña infancia, falo sobre a miña crianza e a miña relación coa arte. María, Catuxa e Aroa, tres artistas emerxentes galegas, completan esa reflexión mentres amosan o seu traballo”.

O detalle: Este documental abre un diálogo entre o arquivo doméstico e as entrevistas, tratando temas como a liberdade, a muller, a cultura no rural ou a importancia das raíces.