HIPPOCAMPUS

HIPPOCAMPUS

2024 | 15´ | España | Galego | Estrea en España

HIPPOCAMPUS

Dirección e montaxe: Xaime Miranda Méndez Guión e produción: Nuno Pico e Xaime Miranda Fotografía: Arián Quinteiro Intérpretes: Adrián Ríos, Lidia Veiga Xénero: Ficción Vai de: Tomás é un home que vive atrapado no pasado. Segue atormentado pola lembranza dunha tarde que pasou con Marta, o amor platónico da súa vida, moitas décadas atrás. Pero grazas a un novo dispositivo tecnolóxico, Tomás pode revivir ese momento. Unha simulación, creada coas súas lembranzas, permítelle regresar a aquela tarde. Con esa tecnoloxía experimental, Tomás volve estar cerca de Marta. E desta vez dá un paso adiante. Leva toda a vida pensando nese momento e non o vai deixar ir. A súa tristura convértese en frustración e as lembranzas, en enfermidade, mentres a percepción da realidade que o rodea se vai distorsionando ata se converter nunha prisión de eterna nostalxia, nunha imaxe conxelada na súa mente, nun bucle do que xamais poderá sair. O detalle: Xaime Miranda gañou en dúas ocasións o premio ao mellor videoclip en Cans. A curta supón o debú no guión de Nuno Pico, líder da banda Grande Amore.

HOME QUE FOXE

HOME QUE FOXE

2024 | 24’ | España | Galego | Estrea absoluta

HOME QUE FOXE

Dirección e guion: Pablo Dopazo Produción: Nova Industria Films Fotografía: Juan Meseguer Montaxe: Marcos Flórez Música: Marcos Flórez e Alexandre Losada Intérpretes: Alexandre Iglesias e Daniel Sánchez Cabello Vai de: Unha noite de verán, dous homes escapan do cárcere. Camiñan xuntos baixo o sol abrasante, na procura de liberdade. Esta curta está inspirada en fragmentos de Fuxe, home, fuxe, a autobiografía do preso anarquista galego Xosé Tarrío. O detalle: Pablo Dopazo foi o gran triunfador da última edición de Cans coa curta O frío.

O PATIO

O PATIO

2024 | 19’ | España | Galego

O PATIO

Dirección: Ariadna Cordal Guión: Jorge Sastre e Ariadna Cordal Produción: Recrea Films Montaxe: Laura Piñeiro Fotografía: Aarón Vilariño Música: Dani Cornes Intérpretes: Alfonso Agra, Lidia Veiga Xénero: Ficción Vai de: Un home maior volve ao seu piso despois dun tempo e aprende a desenvolverse en soidade. A súa veciña ofrécese a axudarlle coas tarefas domésticas, pero a través do espazo e dos obxectos esquecidos da vivenda, o peso da memoria interrompe, descobre conflitos pasados e xera problemas na súa relación. O detalle: Ariadna Cordal xa pasou pola sección Novas Camadas de Cans. A curta estivo na sección Planeta GZ de Curtocircuito.

MOUNIR

MOUNIR

2024 | 14’50” | España | Galego | Estrea Absoluta

mounir

Dirección, guión e montaxe: Xosé Dopazo e Javier Rúa Produción: Marta Eiriz e Andrés Rozados Fotografía: Lucía C. Pan Banda sonora: Ben Aylon, Manu Chao, Hoba Hoba Spirit e Hassan Hakmoun Intérpretes: Mounir Jadivi, Miriam Abeijon, Amal Jadivi e Javi Bermejo Xénero: Baseado en feitos reais Vai de: En Mounir, o protagonista loita por conseguir o permiso de residencia que lle denegan unha vez e outra por mor dun incidente cando era adolescente. Á espera de que se regularice a súa situación, leva unha vida modesta, sen poder viaxar por medo a que non lle deixen volver a España, o que lle impide ir coa súa filla de tres anos a Marrocos para presentarlle a súa nai moribunda. O detalle: O reencontro de Mounir Jadivi, un inmigrante ilegal que chegou a España con oito anos, e o director de cine Xabier Rúa, o seu titor nun centro de menores, deu lugar a un exercicio de docuficción no que se relata a vida cotiá dunha persoa sen papeis en España.

BOCA DE ASNO

BOCA DE ASNO

2025 | 9’40” | España | Galego| Estrea absoluta

boca de asno

Dirección e guión: Carlos Calvar Tomé Produción: Sara Herbón e María Ruíz-Falcó  Montaxe: Néstor Ares e Carlos Calvar Fotografía: Albert G. Casademunt Banda sonora: Ples Vetra Música: Damián Riobó Brañas  Xénero: Ficción Intérpretes: Lidia Veiga, Denís Gómez, Adrián Outeda, Marko Otero, Anxo Solla, José González Froján, Marina Yuan e Mauri Costa Vai de: En metade da pandemia polo coronavirus, Ximena érguese con moita fame. Unha mañá máis, as súas accións repítense coma se dun mal chiste se tratase. Outro día da marmota transcorre, ata que un pequeno detalle o cambia todo: hai que levar unha tixola vella ao punto verde. Ao longo desta surrealista epopea, Ximena cruzarase cunha tartaruga, unha banda de música balcánica, un mimo vestido de gaivota e ata cun arrogante empresario co ego tan grande coma a súa falta de educación. Un tropezo desafortunado converte a rutina en carnaza para a fritideira, nunha explosión chea de sangue, humor negro e moita música. O detalle: Segunda curtametraxe do director pontevedrés Carlos Calvar, formado como cinesta na escola barcelonesa Band à Part.

ADEUS, BERTA

ADEUS, BERTA

2025 | 17’42” | España | Galego e castelán | Estrea en Galicia

adeus berta

Dirección: Fernando Tato Guión: Ángela Andrada Produción: Adrián Castiñeiras, Alba Gallego e Fernando Tato Productora: Kraken Media SL Montaxe: Alba Gallego Fotografía: Alicia Francés Música: Adrián Solla  Reparto: Gemma do Carmo e Ángela Andrada Xénero: Ficción Vai de: Alicia chega a casa dos seus pais na Pobra do Caramiñal para escoller a roupa que levará a súa nai no velatorio. Alí reencóntrase coa súa irmá Berta, que acaba de saír do centro de rehabilitación onde está ingresada. O detalle: Seleccionada no Festival D´A de Barcelona. Este actor e músico prepárase para rodar a súa primeira longametraxe. Co guión do mesmo nome gañou o Premio Julio Alejandro, convocado pola Sgae.

EU VOU CONMIGO

EU VOU CONMIGO

2024 | 7’ | España | Galego

Dirección e guión: Chelo Loureiro Produción: Ana Fernández e María Barro Banda sonora: Nani García  Intérpretes: Ana Portela e Uxía Castro Xénero: Animación infantil Vai de: A Elisa gústalle Martín, pero parece que Martín non se decata. Para que Martín repare nela, todos lle aconsejan a Elisa que cambie non só o aspecto, senón o que en realidade é. Estará disposta a renunciar a ser ela mesma para conseguilo? Pagaralle a pena? O detalle: Chelo Loureiro foi gañadora de catro premios Goya, entre eles pola película Valentina. En 2018 obtivo o máximo galardón que concede o festival de Cans, o premio Pedigree.

SINAPSE

SINAPSE

2024 | 4’ 06” | España | Español

sinapse

Dirección, guión e animación 2D: Carlos Cuesta Temes Produción, edición e shading: Laura Ferrío Trillo Fotografía, modelado e rigging: Icía Formoso Corral Xénero: Animación Son: Manuel Maneiro Música: Gerald Vázquez  Banda sonora: Arrolo de Cumieira- Caldo Voces: Carmen Pérez e Laura Calviño Vai de: Andrea, unha anciá con alzhéimer, recibe na residencia a visita da súa filla Marta. Durante este encontro, terá unha dura batalla na súa mente contra un monstro que simboliza a súa enfermidade O detalle: A letra dos créditos e a voz da anciá son de Carmen Pérez, a avoa materna do director. Curta baseada nunha experiencia persoal do director, que busca unha reflexión sobre as enfermidades dexenerativas. Foi finalista dos Premios Mestre Mateo.

NOITES DE PRATA

NOITES DE PRATA

2024 | 4’ 19” | Español | Galego

Noites de prata

Dirección, montaxe e fotografía: Soraya Antelo Morales Guión: Rita Cid Rivas Produción: Rita Cid Rivas e Alberto García Menéndez  Banda sonora: Guillermo Franganillo Parrado Xénero: Animación Vai de: Unha noite coma tantas outras, Lola sobe ao escenario para ganar a vida coa súa voz. Guiados pola música e polos versos do bolero que entoa, veremos os eventos que levaron a Lola a abandonar Galicia para ir vivir nas terras que baña o Río da Prata. A canción que canta a protagonista serve de fío condutor e narrativo para contar a vida de Lola desde a súa infancia ata o momento actual O detalle: Soraya Antelo é unha animadora a seguir de cerca. Esta curta, que mestura técnicas de animación 2D e 3D, foi finalista dos últimos Premios Mestre Mateo.

CADÁVER DE DRAGÓN

CADÁVER DE DRAGÓN

2024 | 11’ 54” | España | Sen diálogos

CADÁVER DE DRAGÓN

Dirección, produción, montaxe e animación: José Garnelo Guión: Jacobo Díaz e josé Garnelo Son: Miguel Bianchi Música: Xavier Bertolo Xénero: Animación Vai de: Un náufrago desperta nuhna illa co corpo morto dun dragón que se está a descompoñer e que é a súa única compaña. Un estraño vínculo xurde entre náufrago e cadáver conforme o protagonista vence os seus medos, mentres suceden ao seu redor sorprendentes acontecementos O detalle: Debú do vigués Garnelo na dirección, logo de asinar en Psiconautas o seu primeiro traballo como animador. Habitualmente traballa en animación en productoras europeas.