O Festival de Cans pecha unha edición histórica con preto de 13.000 asistentes e unha forte carga emocional

O Festival de Cans clausurou esta fin de semana unha das edicións máis memorables e emotivas da súa historia, na que participaron preto de 13.000 persoas ao longo de cinco días intensos de cine, música, coloquios e emocións compartidas. Continúe lendo O Festival de Cans pecha unha edición histórica con preto de 13.000 asistentes e unha forte carga emocional

O filme Curmán do realizador Alejandro Jato triunfa no XXII Festival de Cans con catro premios

A curta Curmán foi elixida polo xurado do Festival de Cans como gañadora na sección de Ficción. Curmán, película debut como director do ata agora actor Alejandro Jato narra dun xeito único a perda de inocencia do protagonista. Continúe lendo O filme Curmán do realizador Alejandro Jato triunfa no XXII Festival de Cans con catro premios

Tamar Novas, María Vázquez, Lucía Veiga e Nerea Barros enchen o coloquio matinal no Torreiro

Os actores Tamar Novas, María Vázquez, Lucía Veiga e Nerea Barros encheron o Torreiro de Cans no coloquio matinal no marco dos encontros que organiza a Fundación AISGE e compartiron co público anécdotas e reflexións sobre a profesión. Continúe lendo Tamar Novas, María Vázquez, Lucía Veiga e Nerea Barros enchen o coloquio matinal no Torreiro

Ángeles Huerta, Cris Iglesias e Xoan Fórneas acompañan a estrea de Antes de nós na apertura oficial do Festival de Cans

A directora Ángeles Huerta, a productora Zaza Ceballos e os actores Cris Iglesias e Xoán Fórneas conversaron esta mañá co público do Festival de Cans presentando o filme Antes de nós, sobre a vida de Castelao. Continúe lendo Ángeles Huerta, Cris Iglesias e Xoan Fórneas acompañan a estrea de Antes de nós na apertura oficial do Festival de Cans

A homenaxe á cineasta pioneira Cruz Risco e a memoria da represión da illa de San Simón marcan o inicio do Festival de Cans

A XXII edición do Festival de Cans arrancou esta mañá coas primeiras visitas de grupos de escolares á aldea para coñecer in situ o evento, asistir a proxeccións e coa inauguración da Rúa Efémera, coa que se rende homenaxe á cineasta pioneira galega Cruz Risco.

Continúe lendo A homenaxe á cineasta pioneira Cruz Risco e a memoria da represión da illa de San Simón marcan o inicio do Festival de Cans

A previa de Cans arranca este sábado coa proxección do filme “Utama” de Alejandro Loayza

O Festival de Cans quenta motores cunha programación previa que mestura cinema internacional, música galega de raíz e memoria histórica. A primeira gran cita será a proxección da fermosa longametraxe Utama (2022), do director boliviano Alejandro Loayza Grisi, a súa obra debú coa que foi premiada en Sundance en 2022.

Continúe lendo A previa de Cans arranca este sábado coa proxección do filme “Utama” de Alejandro Loayza

O CORPIÑO

O CORPIÑO

2024 | 19’ 46” | España | Galego e castelán | Estrea absoluta

O CORPIÑO

Dirección, guión e produción: Blanca Navarrete e Antía Rodero Montaxe: Antía Rodeiro e Arantxa Carricoba Fotografía: Agustín Segura Xénero: Documental Vai de: O Santuario da Nosa Señora do Corpiño (Santa Baia de Losón, Lalín), coñecido popularmente como “santuario dos exorcismos”, é un dos máis visitados da Galicia interior. Pero que esconde máis alá desta denominación? Por que atrae cada ano a miles de visitantes? Fe. Tradición. Milagres. Ofrecementos. Curiosidade. Festa… Todo depende dos ollos que o miren O detalle: Un achegamento con mirada propia ao Corpiño, o singular santuario galego dos exorcismos. As autoras formáronse na Universidade de Santiago.

LOBELIA

LOBELIA

2025 | 14’ 56” | España | Galego | Estrea absoluta

LOBELIA

Dirección e guión: Laura Barriga Produción: Paulino Pérez, Marcos Seijo e Gabriela García Montaxe: Álex Rodríguez e Isaac González Fotografía: Hugo Carnero Música: Samuel Lago Banda sonora: Javier Gómez e Sara Gimeno Intérpretes: Mateo Rodríguez, Iris Pérez, Manuel Cortés, Isaac Abengoza, Jorge Destar e Uxía Suevos Vai de: Roi é un estudante de filosofía que, inspirado pola última clase sobre a teoría da auga de Heráclito, enfróntase ao reto de aproveitar cada momento como único. Tras un encontro fortuíto con Alba, unha moza que lle gusta, Roi decide falarlle. Conforme comezan unha relación que vai progresando durante varios anos, Roi goza da vida con máis plenitude, inspirándose nos consellos dela para tomar riscos e aproveitar as oportunidades que se lle presentan. Finalmente, Roi e Alba regresan ao lugar onde se coñeceron e descúbrese que nada foi parte real, senón pura fantasía de Roi. O detalle: O detalle: Alumna da Universidade de Vigo, Laura Barriga elixiu na curta un interesante elenco de novos intérpretes.

SERES DE LUZ

SERES DE LUZ

2024 | 7’ 10” | España | Castelán | Estrea absoluta

SERES DE LUZ
Dirección, guión, produción, montaxe e fotografía: Hugo Carnero Xénero: Documental Vai de: Nunha proposta dividida en tres actos con cadanseu xeito narrativo e visual, Carnero móstranos a súa mirada persoal sobre a luz, entendida coma un elemento fundamental no desenvolvemento da vida que inflúe na percepción do cosmos e nas emocións humanas. O detalle: A través dunha peza en tres actos, o autor achega unha mirada singular acerca da luz, da súa percepción e das emocións que evoca.

SOLPOSTO

SOLPOSTO

2024 | 6’ 33” | España | Galego

SOLPOSTO

Dirección, guión, produción, montaxe e fotografía: Iago Lourido Calvo Banda sonora: Brown Eyed Girl, de Van Morrison Reparto: Carmen Bouza, Miguel Sanjurjo, Juan Roca, Pablo Martínez, Laura Prieto e Kevin Lorenzo Vai de: Solposto é un lugar ben curioso. Acompañamos a Miguel e Maruxa no seu día a día como residentes na localidade O detalle: Formado en fotografía na Escola Mestre Mateo de Compostela, Iago Lourido é unha das grandes promesas saídas da canteira inesgotable do Chanfaina Lab.

CIUDÁ DE LADRILLO

CIUDÁ DE LADRILLO

2025 | 11’ | España | Galego | Estrea absoluta

CIUDÁ DE LADRILLO

Dirección e produción: Carlota Álvarez Feijóo Reparto: Teresa González, Erundina González, Maruja Vázquez, Peregrina Fernández Vai de: Máis dunha vintena de familias, na súa maioría labregas, construíron a súa propia historia. Agora esa historia só permanece na memoria das poucas veciñas que quedan, esas “muchachas que andaban sempre de pertenera”, a avoa da realizadora entre elas. O detalle: A directora, formada na USC, volve a aldea onde reside a súa familia para atoparse de novo co seu pasado e trazar un retrato sobre o despoboamento.

SENDA ESTRELLA

SENDA ESTRELLA

2025 | 9’ 40” | España | Galego | Estrea absoluta

SENDA ESTRELLA

Dirección, guión e montaxe: Eva Vaeli e Manu Sacoga Produción: Nidara Studio Fotografía e banda sonora: Manu Sacoga Reparto: Paula Gavilán Vai de: Logo de rebuscar entre os anacos da súa infancia, a protagonista emprenderá unha viaxe para realizar algo insólito: celebrar o seu propio funeral O detalle: Os directores, formados na Universidade de Vigo, son participantes habituais, nas últimas edicións, da sección Novas Camadas.

LIMINAL STATION

LIMINAL STATION

2024 | 8’ | España | Castelán

LIMINAL STATION

Dirección, guión, produción, montaxe e fotografía: Mario Fernández Filloy Vai de: Unha gata vive nunha estación de tren abandonada, solitaria e melancólica, esperando volver ver o gato dos seus soños. Os trens pasan, pero nunca paran, e ela confía en que algún día un se deteña e aquel gato apareza O detalle: Curtametraxe realizada a partir das gravacións de dúas gatas ao longo de varios meses. Mario F. Filloy regresa a Novas Camadas con esta curta de imaxe real, despois de concursar na sección coa peza de animación Illa Cordura, que sería finalista dos Mestre Mateo.

A MEMORIA DAS PEDRAS

A MEMORIA DAS PEDRAS

2025 | 16’ | España | Galego | Estrea absoluta

Dirección, guión e montaxe: Pablo Goirigolzarri Pascual e Adela Hervés García Produción: María Gamallo, Pablo Goirigolzarri e Adela Hervés Fotografía: María Gamallo Banda sonora: Quique Rubio Intérpretes: Chelo Lamela e Nani Matos Vai de: Nunha aldea do interior de Galicia unha muller de avanzada idade, Dorinda, fai fronte ao desacougo de sentir a espreita da morte. Porén, cando tralo cabodano da súa mellor amiga un inusual desvío a leva a redescubrir a casa onde naceu, aparece nela unha nova ilusión. Ese lugar, agora en ruínas e esquecido, convértese nun refuxio inesperado onde pode viaxar a través das súas lembranzas, revisitando o seu pasado. Rememorar e traer ao presente as experiencias vividas proporciónalle a Dorinda a calma e a serenidade necesarias para enfrontar o futuro cunha actitude distinta O detalle: Unha curtametraxe de ficción que explora a temática da memoria a través da combinación de imaxe real e animación 2D.

A PENA DAS TROITEIRAS

A PENA DAS TROITEIRAS

2005 | 2’ 15’’ | España | Galego e portugués

A PENA DAS TROITEIRAS

Dirección, guión, montaxe e fotografía: Luján Monteiro e Alba López Produción: Cuatro Cuatros Banda sonora: Álvaro Martínez Intérpretes: Alba López, Luján Monteiro, Álvaro Martínez, Pablo Rodríguez  Vai de: Cunha narrativa visualmente poética, a curta evoca lendas locais e creenzas transimitidas arredor da premonición da morte, co fío condutor dun crime (real, fabulado ou quizais metáfora da ameaza ambiental que sufre o río Eo?) polo que acusaron a dúas troiteiras de Trabada, na provincia de Lugo. O detalle: Peza para a primeira edición de Cine do Eo. O proceso de creación, desde as ideas ata a montaxe, transcorreou en 24 horas.

SANTA COMPAÑA

SANTA COMPAÑA

2025 | 8’ 46’’ | España | Castelán e galego | Estrea absoluta

SANTA COMPAÑA

Dirección e produción: Mateo Bouzada Lorenzo Guión: Javier Rodríguez e Mateo Bouzada Montaxe: Mateo Bouzada e Juan Sánchez-Gamboa Fotografía: Juan Sánchez-Gamboa Banda sonora: Álvaro Casino Intérpretes: Mateo Bouzada, Miguel Ramos, Gustavo Lorenzo, Roberto Blanco e Sonia Lorenzo Vai de: Unha mañá, mentres caza, Mauro, un rapaz de 22 años que vive nun pobo afastado da Galicia interior, escoita no bosque o son de estranas campaniñas. E xa nada volverá ser igual O detalle: Formado na Universidade Villanueva de Madrid, este cineasta de orixe ourensá, dirixe e interpreta este filme rodado na fronteira entre Ourense e o Bierzo.

EXPOSED

EXPOSED

2024 | 22’ 50”| España | Galego

EXPOSED

Dirección fotografía e montaxe: Nela Fraga Rivas Vai de: Exposed son retratos feitos desde a intimidade e a complicidade. De persoas que se expuxeron ante a cámara a fin de reflectir o amor co que as miran. Unha ópera prima que nace do convencemento de que vivimos nun tempo de violencia extrema, de falta de entendemento, no que sobran os comportamentos egoístas e faltan miradas que mostren un xeito de observar con acougo a vida desde o agradecemento e a empatía. Unha colaxe en diferentes texturas de Súper 8, unha carta de amor que quere proxectar unha ollada curadora que disolva os individualismos e devolva a capacidade de conexión humana O detalle: A obra vén de ser seleccionada no Albuquerque Film Festival, de Nuevo México (EUA).

TEÑO QUE APRENDER A CHORAR DE NOVO

TEÑO QUE APRENDER A CHORAR DE NOVO

2025 | 7’ 29” | España | Galego

TEÑO QUE APRENDER A CHORAR DE NOVO

Dirección, guión, produción, fotografía, música e montaxe: Dani Iglesias Vai de: O río Eo baña as comarcas do norte de Lugo e do oeste de Asturias. As súas augas serviron, durante séculos, para alimentar e fornecer de enerxía a súa xente. Hoxe en día, continúa a ser unha peza crucial da contorna, funcionando como vínculo entre as dúas provincias e irmandando os seus habitantes O detalle: Participante en proxectos seleccionadas na categoría Novas Camadas do Festival de Cans en varias edicións, Dani Iglesias firma agora esta curta desenvolvida no programa de residencia do Cine do Eo 2024.

NUR SULTÁN

NUR SULTÁN

2025 | 14’ | España | Galego | Estrea absoluta

NUR SULTÁN

Dirección, guión e fotografía: Xoan Escudero Produción: Noemí Chantada Produtora: Islandia Producciones Montaxe: Óscar Pardo Música: Iván Blanco Banda sonora: Nur Sultán Vai de: Nur Sultán é unha matrioska. É un filme sobre a capital de Casaquistán. A cidade chamouse Nur-Sultán durante tres anos (2019-2022); Astaná, durante os vinte anteriores (1998-2019), para logo recuperar o nome en 2022; e Akmoly, Akmolinsk, Tselinograd e Akmolá durante máis de século e medio (1830-1998). En (case) todo este tempo ocupou o mesmo espazo, pero a súa significación foi completamente distinta. En calquera caso, este non é un filme sobre xeografía nin un trivial sobre nomes de capitais: este é un filme en primeira persoa sobre o tempo que Xoán Escudero pasou aló. Ou, en palabras do director: “Os europeos tendemos á complacencia cando visitamos outros países sen ser conscientes das eivas que as nosas sociedades e nós mesmos temos. Pero nin o turismo exótico, nin o eurocentrismo, nin a capital con 100 nomes me levaron a 7000 quilómetros da miña casa. Foi unha persoa que me convidou a pasar con ela un tempo na súa cidade natal. Este é un filme sobre as miñas ganas de coñecela, de pasar tempo con ela”. O detalle: Nursultán é tamén o nome do que foi presidente de Casaquistán entre 1991 e 2019, quen en 1997 trasladou a capital do país desde Almatý a Akmolá, a actual Astaná (en casaco, ‘capital’), onde se rodou este filme.

SE FORA OU FOSE, QUEN SERÍA?

SE FORA OU FOSE, QUEN SERÍA?

2025 | 17´ | España | Galego | Estrea absoluta

SE FORA OU FOSE, QUEN SERÍA?

Dirección, guión, montaxe e produción: Candela Conde Música: Fonsi Millán Coa participación de: Marta Harris, Fonsi Millán, Skio Carral, Candela Conde e Samantha Hernández Vai de: Un filme que afonda na conexión entre o íntimo e o colectivo, explorando o espazo, a identidade e o proceso de creación de cinco artistas de diversas disciplinas. Todos viven en San Pedro, o barrio bohemio de Compostela, conexión imprescindible para observar como a contorna moldea a identidade O detalle: Candela Conde é unha cineasta cunha mirada singular e arriscada que medrou competindo na sección Novas Camadas do Festival de Cans

AS ENTRAÑAS SABEN O QUE A RAZÓN NON ENTENDE

AS ENTRAÑAS SABEN O QUE A RAZÓN NON ENTENDE

2025 | 5’ | España | Galego | Estrea absoluta

AS ENTRAÑAS SABEN O QUE A RAZÓN NON ENTENDE

Dirección, guión, produción, montaxe, fotografía: Alberto Lobelle Vai de: É unha celebración do que xorde cando confiamos na nosa intuición e nas experiencias que o mundo nos ofrece. Nesta curta preséntase a deusa lusitana e indíxena Navia como fío condutor que nos leva a reflexionar sobre as nosas emocións e a relación que temos co amor e a súa morte. Navia é a forza que debemos escoitar para entender os nosos ciclos; non unha deusa externa, senón parte da nosa natureza interior. O detalle: A curta xurdiu mentres Lobelle localizaba e gravaba para unha longa documental, e un mariñeiro, que o viu todo, se puxo a falar con él.

CARRACEDO

CARRACEDO

2024 | 16’ | España | Galego e castelán | Estrea en España

CARRACEDO

Dirección, guión, produción e fotografía: Manuel Lucas Mariño Montaxe: Gaspar Broullón Elenco: Xosé Lois Vázquez Carracedo Vai de: No obradoiro de Sito a madeira convértese en música. Cada peza pasa polas súas mans sen présa, respectando tempos que hoxe parecen doutro mundo. Non busca a perfección, senón ese punto exacto onde se atopan o posible e o necesario. Coa precisión que dá a experiencia, mide sen regras, calcula sen precipitarse e deixa que a madeira dite o seu propio camiño. Entre ferramentas gastadas, labras no chan e un silencio só interrompido polo son do torno, vai tomando forma unha gaita única. Cada burato, cada axuste e cada peza ensamblada reflicte algo máis ca un proceso de fabricación: son a expresión dunha forma de vida que perdura nun mundo onde a inmediatez o invade todo. Sito é único, un artesán obsesionado cun saber que pouco a pouco vai esmorecendo, pero que mantén vivo con cada gaita que sae das súas mans. A música tradicional non só se fai soar, tamén se constrúe, e no taller de Carracedo, entre as serraduras e a madeira, segue a bater coa mesma forza de sempre O detalle: O director Manuel Lucas, membro da banda De Ninghures, retrata ao singular luthier e investigador Sito Carracedo.

NAYAN

NAYAN

2024 | 22’ | España | Castelán

NAYAN

Dirección, guión, fotografía: Carla Andrade Montaxe: Juan Soto Taborda Música: Sandeep Rauth Vai de: En sánscrito, nayan significa ‘ollo’ e evoca unha dimensión poética sobre a percepción e a visión. En palabras da directora: “Este termo tamén dá título a unha canción creada polo meu compañeiro nepalí en 2015, Sandeep, mentres eu, coa cámara, buscaba activar o baleiro na paisaxe chilena, sen cuestionar se tiña dereito a materializar algo alleo á miña condición de suxeito, perpetuando o privilexio que me sostiña. Dez anos despois, revisito e denuncio estes actos, explorando como a linguaxe, tanto visual como verbal, expón as nosas limitacións e as estruturas invisibles de poder que nos condicionan” O detalle: Esta curta case hipnótica pasou polo Festival de Málaga e o D´A de Barcelona.

PATIOS DE LUZ

PATIOS DE LUZ

2024 | 13’ | España | Galego

PATIOS DE LUZ

Dirección, montaxe, fotografía e música: Fran Rodríguez Casal Produción: Coral Piñeiro Guión: Su Garrido Pombo Vai de: É unha viaxe, un diario de vida, sobre a emigración rural ás cidades. O camiño que vai dende a aldea ao barrio é o punto de partida. Narrado cunha linguaxe poética que nos acompaña polas curvas das estradas, os patios de luz  convértense en anfiteatros para aquelas que non volveron O detalle: O filme parte dun proxecto coa cantante Su Garrido, cuxo work in progress se presentou o pasado ano en Cans.

MONSTERA

MONSTERA

2024 | 17’ | España | Galego | Estrea absoluta

MONSTERA

Dirección: Diego R. Aballe Guión: Amanda Seijas Produción: Alfonso Zarauza e Amanda Seijas Produtora: Maruxiña Films Company, Coven Films e Act Galicia Fotografía: Bernat Eguiluz Montaxe: Inés Gómez-Franco Banda sonora: Brais González Intérpretes: Aïcha Villaverde, Adrián Ríos Xénero: Ficción Vai de: Ana agarda polo seu mozo Marcos, que volve a casa logo dunha longa viaxe de negocios. Cando Marcos cae na conta de que Ana non coidou da súa planta favorita, unha pequena e delicada costela de Adán, os protagonistas teñen unha violenta discusión. O detalle: O director vigués, Diego R. Aballe, xunto a guionista Amanda Seijas crearon a súa produtora de cine independente Coven Films, en 2020.

CORRE, ADELA

CORRE, ADELA

2025 | 08’ 04” | España | Castelán | Estrea en Galicia

CORRE, ADELA

Dirección e guión: Alba Pino Produción: Alba Pino e Manu Hernández Fotografía: Sheila Rodriguez Montaxe: Carmen de Couto Intérpretes: Uxía Macías, Fernando Tejero, Xoan Rodríguez, César Gallegos, Marcos Orengo, Manu Hernández, Lupe Cartié, María Zabala Xénero: Ficción Vai de: Adela só quere xogar ao fútbol e ser unha máis do equipo, pero na metade dun partido algo fai que cambie todo e que Adela teña que fuxir, sabendo que nada volverá ser igual. O detalle: A canguesa Alba Pino compite en Cans por segundo ano consecutivo. Nesta curta conta con Fernando Tejero de protagonista.

ABELLÓN

ABELLÓN

2024 | 18’47” | España | Galego | Estrea en Galicia

ABELLÓN

Dirección, guión, produción, banda sonora e montaxe: Fon Cortizo Fotografía: Alicia Francés Intérpretes: Machi Salgado, Cory Mañá, Xan Cortizo, Helena Varela, Sonsoles Cordón, Paco Barreiro Vai de: Alex está bloqueado. Trata de entender o seu lugar no mundo, a súa masculinidade, o seu papel nos coidados, os ruídos nos soños do seu avó.

Traballa facendo audiodescricións en películas para persoas con discapacidade visual. O seu avó ten máis de cen anos e hai meses que un sonido perturba os seus soños. Xa non sabe diferenciar soño e realidade. Lucía é cega de nacemento. Axuda a Álex mostrándolle como percibe, como soña, como sente. Álex necesita sentir. O detalle: A curta ven de gañar o premio a Mellor curta internacional no Festival de cine de Moscú,a e gañou o premio do público no Zinebi de Bilbao.

CURMÁN

CURMÁN

2025 | 24’ | España | Galego | Estrea absoluta

CURMÁN

Dirección e guión: Alejandro Jato Produción: Alejandro Jato e Elena Masinho Fotografía: Alicia Francés Montaxe: Alba Dominguez Banda sonora: Nico Casal Intérpretes: Xurxo Cuquejo, Brais Sixto, Melania Cruz, Denís Gómez, Susana Sampedro, Machi Salgado Xénero: Ficción Vai de: Antón viaxa á aldea dos seus avós para recibir a primeira comuñón. Mentres celebra coa súa familia ese día tan especial, unha nova maneira de mirar o mundo que o rodea empezará a tomar forma dentro del, levándolle a vivir unha experiencia que marcará para sempre a súa traxectoria vital como persoa, como curmán e como fillo de Deus. O detalle: é o debu na dirección e guión do actor vigués Alejandro Jato, que  participou en series como Servir y proteger ou Camilo Superstar.