PRIMEIRO DÍA DO FESTIVAL: CURTAS DOS AUTORES MÁIS NOVOS E ESTREA DE ‘MULLERES NO ESTRAPERLO’

Coa inauguración da rúa efémera Pilar Pereira comeza ás 10.30 horas de mañá mércores a primeira xornada da décimo oitava edición do Festival de Cans. Continúe lendo PRIMEIRO DÍA DO FESTIVAL: CURTAS DOS AUTORES MÁIS NOVOS E ESTREA DE ‘MULLERES NO ESTRAPERLO’

A INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DO PROXECTO CO QUE A COMPOSTELÁ MARÍA MEIJIDE RETRATA CANS DALLE INICIO Á SEMANA GRANDE DO FESTIVAL

Despois da boa acollida da retrospectiva Kleber Mendonça Filho a pasada fin de semana, continúan as actividades previas do Festival de Cans coa inauguración, ás 20 horas de mañá martes, da exposición ‘O sur de Galicia parece de Hopper’ (Cadernos de Cans). Continúe lendo A INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DO PROXECTO CO QUE A COMPOSTELÁ MARÍA MEIJIDE RETRATA CANS DALLE INICIO Á SEMANA GRANDE DO FESTIVAL

A PREVIA DO FESTIVAL DE CANS COMEZA MAÑÁ XOVES COA RETROSPECTIVA DE KLEBER MENDONÇA FILLO

Da XVIII edición do Festival de Cans, que se celebra do 1 ao 4 de setembro, comeza a pendurar o cartaz de “Entradas Esgotadas”. Para a Gala Final, coa entrega de premios e máis o concerto de Ses, xa non quedan sitios dende hai días. Continúe lendo A PREVIA DO FESTIVAL DE CANS COMEZA MAÑÁ XOVES COA RETROSPECTIVA DE KLEBER MENDONÇA FILLO

CANS RECUPERA O PULSO CON CASE 40 ACTIVIDADES E 25 CURTAMETRAXES A CONCURSO

O Festival de Cans acada a súa maioría de idade coa súa edición máis internacional. Cineastas de Israel, Brasil, Portugal ou Colombia pasarán pola nova edición do certame, que terá lugar do 1 ao 4 de setembro. O Torreiro de Cans acolleu este mediodía a presentación da décimo oitava edición do evento. Continúe lendo CANS RECUPERA O PULSO CON CASE 40 ACTIVIDADES E 25 CURTAMETRAXES A CONCURSO

CANS ESTREA EN SALAS “9 FUGAS”, DE FON CORTIZO, E ACOLLE A PREMIERE ABSOLUTA DE “EL TIEMPO LIBRE”, DE FERNANDO EPELDE

O Festival de Cans acolle este ano a estrea de catro longametraxes. O filme ’9 Fugas’, de Fon Cortizo (Vigo, 1978) proxectarase por primeira vez en salas durante o certame o venres 3 de setembro. Continúe lendo CANS ESTREA EN SALAS “9 FUGAS”, DE FON CORTIZO, E ACOLLE A PREMIERE ABSOLUTA DE “EL TIEMPO LIBRE”, DE FERNANDO EPELDE

KLEBER MENDONÇA FILHO, PREMIO DO XURADO EN CANNES, PROTAGONIZARÁ OS COLOQUIOS NA LEIRA

O cineasta brasileiro Kleber Mendonça Filho, gañador do Premio do Xurado no Festival de Cannes 2019, será un dos grandes protagonistas da XVIII edición do Festival de Cans, que terá lugar do 1 ao 4 de setembro.

Continúe lendo KLEBER MENDONÇA FILHO, PREMIO DO XURADO EN CANNES, PROTAGONIZARÁ OS COLOQUIOS NA LEIRA

O FESTIVAL ESTREA ESTE ANO A SECCIÓN `CORRESPONDENCIAS´ E SELECCIONA 10 CURTAS DENTRO DA CATEGORÍA FURACÁNS

A XVIII edición do Festival de Cans, que terá lugar do 1 ao 4 de setembro, estrea sección: chámase `Correspondencias´ e nace para amosar un diálogo en imaxes entre cineastas galegos con cineastas doutros países e fomentar un intercambio de ideas inéditas filmadas. Continúe lendo O FESTIVAL ESTREA ESTE ANO A SECCIÓN `CORRESPONDENCIAS´ E SELECCIONA 10 CURTAS DENTRO DA CATEGORÍA FURACÁNS

MAIKA MAKOVSKI E SES, PRINCIPAIS CONCERTOS NA PROGRAMACIÓN MUSICAL DO FESTIVAL DE CANS

O rock de vangarda de Maika Makovski, ese abano de cancións escritas e convertidas en himnos por Ses nos últimos anos, e o pop sen complexos da banda galega Oh Ayatollah!, inzarán de música os días centrais’ do XVIII Festival de Cans, que se celebra do 1 ao 4 de setembro. Continúe lendo MAIKA MAKOVSKI E SES, PRINCIPAIS CONCERTOS NA PROGRAMACIÓN MUSICAL DO FESTIVAL DE CANS