A señora Mucha e o seu home, Juan, dúas das persoas de maior idade da aldea de Cans, 80 e 88 anos respectivamente, comezan estes días a estirar a alfombra vermella para acoller de novo no seu cuberto e no seu invernadoiro, unha das chamadas a ser a programación estrela da XVI edición do Festival de Cans.
Mes: April 2019
Filmes dende o guión no encontro A que andas?
Un dos encontros máis agardados polo público e de máis éxito do Festival de Cans é A que andas?, onde as persoas asistentes poden coñecer por vez primeira e dende o guión os proxectos de algunhas das figuras máis destacadas do noso audiovisual. Continúe lendo Filmes dende o guión no encontro A que andas?
Nove curtas compoñen FuraCans, a competición de non-ficción que se consolida no Festival de Cans
O Festival de Cans acolle por segundo ano dentro da súa sección oficial o bloque de FuraCans, a competición de non-ficción que se consolida nesta 16ª edición. Neste espazo, no que se poderá ver unha panorámica xeral do que están a realizar parte das xeracións máis novas do cinema galego Continúe lendo Nove curtas compoñen FuraCans, a competición de non-ficción que se consolida no Festival de Cans
O cineasta alemán Hannes Stöhr protagoniza a primeira retrospectiva internacional do Festival de Cans
O realizador alemán Hannes Stöhr asistirá ao Festival de Cans, que se celebra do 22 ao 25 de maio, para protagonizar a primeira retrospectiva internacional da historia do certame. Continúe lendo O cineasta alemán Hannes Stöhr protagoniza a primeira retrospectiva internacional do Festival de Cans
O Festival de Cans acollerá por primeira vez un Concurso de Pintura Rápida que xirará arredor do cine
O Festival de Cans acollerá por primeira na súa historia un Concurso de Pintura Rápida na cita anual do evento coa creación artística. A actividade sustituirá á Can Parade, en busca de abrirse a novos horizontes e disciplinas.
O concurso terá lugar en O Porriño, no entorno da praza do Concello, o xoves 23 de maio. Continúe lendo O Festival de Cans acollerá por primeira vez un Concurso de Pintura Rápida que xirará arredor do cine
O Festival de Cans viaxa este venres ata a Sorbona de París
O Festival de Cans, que se celebrará do 22 ao 25 de maio, porá nesta 16ª edición o foco de atención na súa internacionalización. Esta vontade, presente na imaxe gráfica e no lema deste ano, márcase na idea de ir abrindo unha fiestra para aumentar a presenza de realizadoras e realizadores doutros países Continúe lendo O Festival de Cans viaxa este venres ata a Sorbona de París
Xa están á venda as primeiras 450 entradas para Cans 2019
Hoxe martes 9 de abril ás 10.00h poñeranse á venda na tenda online do festival (tenda.festivaldecans.com) os primeiros 450 packs de entrada máis camiseta, que inclúen como agasallo unha chapa exclusiva e o programa de man. Continúe lendo Xa están á venda as primeiras 450 entradas para Cans 2019
O filme ‘Eroski Paraíso’ abrirá a XVI edición do Festival de Cans
O Festival de Cans, que se celebrará do 22 ao 25 de maio nesta parroquia pontevedresa, dará comezo nesta edición coa proxección da versión cinematográfica de Eroski Paraíso, dirixida por Jorge Coira e Xesús Ron. Continúe lendo O filme ‘Eroski Paraíso’ abrirá a XVI edición do Festival de Cans