Volvemos abrir convocatoria para a que é xa a nosa cita anual coa arte e cos creadores e creadoras máis novos: a Can Parade. A través desta iniciativa queremos convidar a artistas, deseñadores, creadores ou colectivos de calquera disciplina Continúe lendo Can Parade 2016
Mes: March 2016
Emma Lustres, Pedigree 2016
A asemblea do Festival de Cans decidiu concederlle nesta edición o Premio Pedigree, o seu máximo galardón honorífico, á produtora Emma Lustres, unha figura clave no cinema galego actual a través da súa empresa Vaca Films. Continúe lendo Emma Lustres, Pedigree 2016
Chimpíns de Prata 2016
A organización do Festival de Cans decidiu outorgarlle os Chimpíns de Prata “Premio Pepe Puime”, que recoñecen cada ano o labor dos veciños e veciñas de Cans e mais a unha personalidade que destaque polo seu apoio ao certame, a Chelo Fortes e Manolo Cid, donos da “Casa do Cid” Continúe lendo Chimpíns de Prata 2016
Batemos o noso récord de curtas inscritas!
O venres pechamos a convocatoria para as seccións a concurso desta edición. Logo da revisión e clasificación de todo o material recibido xa podemos confirmar que batemos o noso récord de curtas inscritas. En total recibimos 215 producións, o que supón un 15% de incremento con respecto ao ano pasado, que nos chegaran 184 traballos. Continúe lendo Batemos o noso récord de curtas inscritas!
Decálogo para a visibilidade das mulleres
Dende o Festival de Cans queremos impulsar un decálogo de medidas para promover a visibilidade das mulleres, particularmente as mulleres creadoras, dentro de todas as nosas seccións e homenaxes. Continúe lendo Decálogo para a visibilidade das mulleres