Xa está na rúa o CanZine!

Dende hoxe xa podedes ler o CanZine, o noso xornal oficial de Cans 2017! Nel entrevistas ao director Montxo Armendáriz, aos premiados Miguel de Lira, Jorge Coira e Xano ou á escritora, xornalista e membro do xurado Mara Torres. Tamén contamos cunha ampla reportaxe escrita polas irmás Albert-Sobrino, falando do filme de estrea, “A historia dun satélite”, cun curioso anecdotario da rodaxe.

Na parte musical, poderedes ler entrevistas e reportaxes sobre Terbutalina, Familia Caamagno, León Benavente, Corizonas ou Radio Océano, por exemplo. Tamén contamos coas colaboracións de Ana Cermeño, Carlos Meixide, Suso de Toro, Xurxo Chapela, Isaac Campos, Belén Constenla, Nacho Castaño, Oscar D’Aniello (Delafé) ou a fotógrafa Noel R. Queipo.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

11 + 7 =