Videoclips a concurso na Noite Gia

A Noite Gia desenvolverase a carón do Pub Chimenea (O Porriño), o xoves 19 de maio cunha actuación previa do grupo Best Boy, liderado por Ángel Sánchez e Lucas Fernández. O dúo perfílase como un dos máis interesantes do panorama galego actual e ofrece nos seus espectáculos unha fresca e ambiciosa combinación de funk, soul, rock sureño, pop e jazz.

Tras o concerto, terá lugar o concurso de videoclips do Festival de Cans, un evento de enorme popularidade que representa o gran escaparate do último que se está a facer en Galicia. A selección deste ano reflicte a rica diversidade de grupos e de creadores, con estilos moi variados á hora de facer música ou de crear videoclips. Nesta 13ª edición do festival haberá 18 clips a concurso con preto do 40% dos traballos seleccionados dirixidos por mulleres.

Entre os creadores e creadoras a concurso hai varios cunha ampla traxectoria e xa gañadores en Cans como Alejandro Marzoa -que o fixo como curtametraxista con“Padre modelo”-, ou Rubén Domínguez, Soledad Rebollo e Xaime Miranda -que xa gañaron o concurso de clips en anos pasados- . Á competición súmanselle outros que xa son habituais na nosa selección oficial de videoclips como Javi Camino, Olga Osorio ou Lara Capeáns. Perfílase no XIII Festival de Cans este concurso como un dos máis axustados ata o de agora na historia do certame debido ao volume de gañadores e gañadoras de pasadas edicións competindo entre si. Por outra banda, continúa o ánimo do festival de descubrir e impulsar realizadores audiovisuais e grupos ata o de agora coñecidos, pero sen esquecerse dos novos talentos emerxentes.

Esta é a listaxe dos 18 videoclips escollidos para sección oficial a concurso en Cans 2016 :

“Burning Blue”, de Forest and Dove. Dirixe: Héctor Diéguez

“Human Flesh”, de Bala. Dirixe: Javi Camino

“Buscando a Superfama”, de Heredeiros da crus. Dirixe: Olga Osorio

“Behind the curtain“, de Onion smile. Dirixe: Andreia Táboas/A. Diz

“La Fe”, de Misterioso viaje Holanda. Dirixe: Paula Fraile

“Chea de vida”, de Guadi Galego. Dirixe: Carlos Lago

“Whith my hands”, de Furious Monkey. Dirixe: Violeta Mosquera

“Sudar Sangre”, de Terbutalina. Dirixe: Gero Costas

“Telephone Zombie”, de Aerolíneas Federales. Dirixe: Roque Cameselle

“El último esfuerzo”, de Manos de topo. Dirixe: Alejandro Marzoa

“Corriendo detrás”, de Pelusa. Dirixe: Anxos Fazáns

“Invierno”, de Radiador. Dirixe: Laura Calleja

“Raiolo”, de Musel. Dirixe: Rubén Domínguez

“Por el sol”, de O. Avendaño/Reposado. Dirixe: Avendaño/El Selenita

“Todo va a ir bien”, de Diariodeverano. Dirixe: Lara Capeáns

“City of Alexandria”, de Agoraphobia. Dirixe: Xaime Miranda

“Monstro Subnormal”, de Familia Caamagno. Dirixe: Javi Camino

“De Palisandro”, de Miguel Costas. Dirixe: Soledad Rebollo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

sixteen − ten =