Mañá terá lugar a venda física de entradas en Cans!

Tras esgotar as entradas dispoñibles online, o Festival de Cans venderá mañá, venres 13 de maio ás 19h00 no Torreiro de Cans, a últimas 100 entradas para acudir á proxección das curtametraxes a concurso desta edición. O prezo será de 12€ por entrada, tanto na sesión de mañá como na de tarde.

Ademais, tamén estarán dispoñibles para todo aquel que o desexe, as entradas -con un máximo de tres por persoa- para a proxección de Cadencia+Falar, o espectáculo que Janet Novás e Mercedes Peón ofrecerán no novo e espectacular espazo do Jaliñerio Arena o sábado 21 ás 20h30 (5€/entrada, 80 entradas dispoñibles). Os interesados e interesadas en facerse coas entradas para parte da programación adicada aos máis pequenos e pequenas da casa o sábado 21 tamén terán a súa oportunidade: venderanse 100 entradas para o espectáculo de didáctica clásica do Trío Acivro no Cuberto de Pato (3€) e outras tantas para a función de teatro de sombras de Alecrín Monicreques no Baixo de Carlos (3€). No caso de estar aínda dispoñibles, poderán mercarse tamén na porta de cada espectáculo a partir de 1 hora antes do seu comezo.

pago

Agás a sección oficial de curtametraxes a concurso e estes tres espectáculos concretos, toda a programación do festival é de balde, como sucede co concerto que Iván Ferreiro ofrecerá na tarde do venres 20 inaugurando o noso novo Espazo Mahou. Neste caso particular, os asistentes deberán recoller previamente, a partir das 17h, no posto de merchandising do festival unha pulseira que dará acceso libre ao recinto para poder gozar do que se perfila como un dos concertos máis esperados polo público nesta edición do festival.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

1 × three =