Venda das primeiras 600 entradas

Mañá martes 25 de abril a partir das 10h00 poñeranse á venda online as primeiras 600 entradas do Festival de Cans, que dan acceso á proxección da sección oficial de curtametraxes a concurso do sábado 27 de maio, 250 delas para a sesión matinal e 350 para a sesión de tarde. Poderán adquirirse a través da nosa tenda oficial en packs de entrada+camiseta pensados exclusivamente para os máis fieis seguidores do certame.

Como agasallo e agradecemento a esa fidelidade incondicional por cada entrada recibirase tamén unha chapa exclusiva e de tirada limitada, que só se poderá conseguir por esta vía. Ademais, os compradores e compradoras poderán recoller tamén de forma gratuíta no posto de merchandising durante os días do festival o catálogo con información ampliada de todas as actividades. O prezo do pack completo é de 21,5€ (gastos de xestión incluídos), cunha oferta de lanzamento con respecto ao prezo real que serían 27€ (12€ entrada + 12 € camiseta + 2€ catálogo + 1€ chapa).

A venda estará activa ata o próximo 5 de maio ás 23h59 e os packs poderán recollerse a partir do día 10 de maio nas tendas do Rei Zentolo de diversas cidades de Galicia.

CONSELLOS PARA A COMPRA:

1. Por favor, é importante ler as “condicións de compra”.

2. Prestade atención á hora de elixir os atributos de produto (número de entradas, talles de camiseta e tenda de recollida). Salvo circunstacias de forza maior non admitiremos cambios.

3. Talle das camisetas. Existe unha guía de medidas na descrición do produto (as camisetas tallan de forma similar as de pasadas edicións).

4. Ás 24 / 48 horas de realizar a compra, o sistema envía un correo electrónico cunha entrada virtual e un localizador (unha entrada virtual por compra), coa que se deberá recoller o produto mercado na tenda elixida. Revisade a carpeta de SPAM do correo que ás veces pode ir parar aí.

5. O produto poderase recoller na tenda elixida a partir do 10 de maio (non antes).

6. O programa de man ao que se ten dereito de xeito gratuíto non se recolle nas tendas elixidas, recóllese durante os días de celebración do Festival no posto de merchandising (un programa por entrada).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

six − 4 =