Un cartel para escorrentar meigallos

Esta mañá presentamos a imaxe gráfica e as camisetas do XIII Festival de Cans na tenda do Rei Zentolo en Santiago de Compostela. O deseñador da casa, Pablo Rodríguez, autor das creatividades, destacou como elemento principal desta edición número 13 a restra de allos “como antídoto para escorrentar todo tipo de meigallo que caiga sobre o festival”. Ademais, conta cunha ilustración de fondo que completa esta iconografía con mouchos, ferraduras, figas, morcegos e outros motivos semellantes. Quedamos así ben protexid@s contra todo tipo de superscións ao redor do número 13. Así que xe podemos berralo ben alto e claro, décimo terceria, imos a por ti, non che temos medo!

cans 2016_CARTEL XERAL_medios_A3_baixa

Na presentación, ademais do noso director, Alfonso Pato, e o deseñador Pablo Rodríguez, contamos coa presenza do cineasta Alberto Vázquez, anunciando a estrea en Galicia do seu filme Psiconautas dentro do programa do Festival de Cans (contámosvos os detalles noutro post); De Vacas, que presentaba a que xa é a nosa canción oficial, que podedes escoitar aquí e que xa leva todo o día soando polas redes sociais, as radios e as televisións; e o actor Federico Pérez, que exercerá de copresentador da Noite das Homenaxes xunto á nosa querida Keka Losada. Subscribimos ao cen por cen as súas palabras: “a Cans hai que ir ofrecido. Hai que cambiar o conto de ir a San Andrés de Teixido polo de ir ao Festival de Cans”.

presentacion1

Todos eles posaron para a foto lucindo a nosa camisola oficial, baseada na mesma iconografía que o cartel. Destacando no medio, o noso director fixo de modelo para presentar a camiseta especial deste ano, de edición limitada e pensada para renderlle unha homenaxe á señora Alicia, a nosa colaboradora máis popular e veterana.

Por último, quixemos adiantar que os primeiros packs de entradas estarán á venda na tenda virtual do festival a partir do próximo martes día 19 de abril. Estade atent@s, pois nos vindeiros días ampliaremos información aquí mesmo e a través das nosas redes sociais. Avisad@s quedades!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

eighteen − 10 =