Sala Multiusos

Sala Multiusos

Antiga adega da Casa do Pedreiro, unha das casas máis coñecidas de Cans, no corazón da aldea. Alí teñen aínda os barrís e a lareira que usaban. O chan é de terra, hai que sentar en caixas e táboas e as proxeccións case sempre van unidas a actuacións musicais que hai a posteriori no Jaliñeiro. É unha sala destinada a proxeccións paralelas fóra de competición.