Retomamos a venda de entradas!

A partir do mércores 4 de maio ás 12h00 poñeranse á venda on line máis entradas para esta edición do Festival de Cans, que darán acceso á proxección da sección oficial de curtametraxes a concurso do sábado 21 de maio. Poderán adquirirse a través da nosa tenda virtual  ata o próximo 11 de maio ás 23h59. Nesta ocasión haberá tres tipos de productos á venda: packs de tarde, entradas simples de tarde e entradas simples de mañá.

O prezo do pack completo será de 24€ con un desconto con respecto ao prezo real que sería de 26€ (12€ entrada + 12 € camiseta + 2€ catálogo). O prezo das entradas simples, tanto da sesión de mañá como da de tarde, terán agora un custe de 12€. O lugar de recollida será  o posto de merchandising do festival durante o venres e o sábado do evento. Ademais, os compradores poderán recoller tamén de forma gratuíta durante os días do festival o catálogo con información ampliada de todas as actividades.

Venta_entradas1

O resto das entradas venderase o venres 13 de maio ás 19h00 no Torreiro de Cans. Estarán á venda indistintamente packs e entradas simples de mañá e de tarde, no caso de estar aínda dispoñibles. Ademais, tamén se porán á venda as entradas para os espectáculos de Trio Acivro por 3€, Alecrin Monicreques por 3€ e o de Janet Novás e Mercedes Peón por 5€. No caso de quedar dispoñibles entradas destes tres últimos espectáculos durante o festival, poderán adquirirse na porta do lugar no que se desenvolvan a partir de 1h antes do seu comezo.