O Festival de Cans recibe o Premio da Cultura Galega 2018

O Festival de Cans recibiu hoxe no Mosteiro de Montederramo (Ourense) o Premio da Cultura Galega 2018, sendo a primeira vez que se concede o galardón a un festival de cine.

O premio foi recollido por Alfonso Pato (director do festival), Keka Losada (presidenta da Asociación Arela) e a señora Alicia, unha das máis fieis colaboradoras. No discurso de agradecementos, Pato, recordou o entusiasmo co que se acolle o evento na aldea e tamén que Cans foi o primeiro festival do Estado en crear un decálogo de visibilidade das mulleres.

Pola súa parte, a comitiva para a recollida estaba formaba por numerosos veciños e veciñas da aldea e estaba encabezada pola alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre. 

Este premio converte o Festival de Cans nun dos máis recoñecidos de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

5 × 2 =