O FESTIVAL DE CANS ESTARÁ PRESENTE NO CULTURGAL 2016

O Festival de Cans estará presente na vindeira edición do Culturgal que terá lugar en Pontevedra entre o venres 2 e o domingo 4 de decembro.

Estaremos no stand 42 compartindo espazo co escritor Carlos Meixide, que presentará o seu libro “Cans”, o sábado 3 ás 16,30 horas.

Será a primeira vez que o Festival de Cans estea no Culturgal e imos celebralo cunhas cuncas “Agroglamour” de edición limitada. Só faremos unha tirada de 100 cuncas que se venderán a 5 euros.

Ademáis tamén se poderán adquirir no stand os nosos suadoiros “Agroglamour”, camisolas, chaveiros, calcetíns e productos de merchandising do festival, artigos que actualmente vendemos na nosa tenda online.

taza_cans_agroglamour

No noso stand daremos a coñecer as datas nas que terá lugar o festival o vindeiro ano, poderedes ver moitas imaxes do festival dos últimos anos e facervos unha foto co noso célebre can amarelo, orgullo da nosa aldea!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

three × 5 =