O FESTIVAL DE CANS E A EMPRESA CARLIN ENTREGAN A RAPAZAS E RAPACES DA ALDEA VALES DE MATERIAL ESCOLAR

O Festival de Cans continúa traballando ó longo do ano no seu obxectivo de servir como ferramenta para contribuir á educación e achegar a cultura ó mundo rural. Estes días fixemos entrega a 23 rapazas e rapaces da aldea de vales para canxear material escolar nos comercios de Carlin, por un valor de 20 euros.

Entre estes nenos e nenas hai un grupo que colaboran no festival como guías dos camiños, e que teñen entre 8 e 14 anos, e outro grupo a partir de 15 anos que antes foron guías e agora están sendo formados en labores de produción e outros departamentos. Á entrega destes vales no Torreiro de Cans asistiu a veciña de Cans Rosa Bernárdez, que é a persoa que coordina a actividade destes rapaces e rapazas durante os días do evento.

Desde a organización do Festival de Cans sentímonos moi orgullosos de poder conceder estas axudas en material escolar para o novo curso, e devolverlle a estas nenos da aldea a ilusión coa que colaboran co festival.

Temos que coidalos porque eles serán o noso futuro!!!