O Festival de Cans acollerá por primeira vez un Concurso de Pintura Rápida que xirará arredor do cine

O Festival de Cans acollerá por primeira na súa historia un Concurso de Pintura Rápida na cita anual do evento coa creación artística. A actividade sustituirá á Can Parade, en busca de abrirse a novos horizontes e disciplinas.

O concurso terá lugar en O Porriño, no entorno da praza do Concello, o xoves 23 de maio. Os participantes pintarán unha obra in situ para desfrute do público, que poderá observar como os artistas desenrolan as súas creacións desde o comezo ata a finalización das mesmas.

Bases do concurso

1. O concurso terá lugar en O Porriño, no entorno da praza do Concello, o xoves 23 de maio de 2019.

2. Ubicación: cada participante desfrutará dun lugar asignado pola organización. Os participantes non poderán cambiarse de sitio, salvo condicións meteorolóxicas adversas (nese caso, reubicaríanse noutro lugar).

3. Participantes: só se admitirán candidaturas de persoas maiores de 16 anos.

4. Inscrición: os candidatos poderán inscribirse enviando un correo electrónico a pinturarapida@festivaldecans.com con data límite, venres 10 de maio. 

A tal efecto, no correo deberán manifestar o seu desexo de participar no concurso e incluir os seus datos persoais (engadindo as súas contas en redes sociais, se as teñen), a súa formación e un portfolio, ben sexa imaxe, documento en pdf ou calquera outro formato no que se poidan ver algúns dos seus traballos.

5. Elección dos finalistas: unha comisión de persoas da organización do festival escollerá as 12 propostas finalistas.

Unha vez elixidos, se lles comunicará a través dun correo electrónico aos agraciadxs a súa condición na semana que vai dende o 13 ao 16 de maio.

6. Horario: a obra deberá ser pintada entre as 15h e as 20h.

7. Temática: “Pintar o cine”. Será preciso elaborar unha obra que conteña unha escena dunha película coñecida e que inclúa a silueta do can de Cans (permitirase levar fotografía como guía).

8. Soporte e material:

  • A técnica será libre e o soporte será presentado en branco para o sellado no propio día.
  • As dimensións mínimas do lienzo e o taboleiro serán de 60 * 55 cm. e as máximas de 100 * 120 cm.
  • Cada participante aportará o material necesario para a elaboración da súa obra.

9. Xurado: estará composto por tres personas relacionadas co mundo do arte. A súa composición será anunciada antes do concurso. 

10. Votación: as obras quedarán expostas de 20h a 22h nos seus respectivos soportes e serán evaluadas polo xurado, que lles comunicará aos gañadores o veredicto na mesma xornada (posteriormente o resultado será comunicado a través das redes sociais do festival).

A decisión do xurado será inapelable.

11. Premios. As dúas mellores obras serán premiadas da seguinte forma:

  • 1º Premio: 250€ + Can de Pedra.
  • 2º Premio: kit de merchandising do festival + 2 entradas para a sección oficial de ficción e animación.

* O kit de merchandising inclúe: camiseta oficial da XVI edición + chapa da XVI edición + bolsa de asas.

** O gañador recibirá o premio o venres 25 de maio na gala dos homenaxeados.

12. A obra premiada co primeiro premio pasará a ser propiedade do Círculo Recreativo Cultural do Porriño, o cal se reserva os dereitos sobre a mesma, incluido o de reprodución, sen negar a autoría do artista.

A segunda obra premiada pasará a ser propiedade da organización nas mesmas condicións que a primeira obra galardoada.