Gadis sempre chega a Cans polo Nadal!!!

Onte recibimos en Cans a visita do noso patrocinador Gadis, representado por Pablo Louro, delegado da empresa na provincia de Pontevedra.

As veciñas e os veciños de Cans que prestan as súas casas e colaboran con entusiasmo co festival recibiron unha cesta de Nadal.

Ata vinte familias recibiron o seu agasallo, desde Alicia que deixa o seu jalpón e a súa leira, Sinda e Susa que nos prestan a casa para almacén, Mina e Fin que nos prestan o Multiusos co seu jaliñeiro ou Mucha que nos presta ata catro días seguidos o Baixo de Bugarín.

Para o festival é unha satisfacción que unha marca coma Gadis saiba captar este orgullo colectivo da nosa aldea e axude a ter un detalle coas persoas que son a esencia do noso festival: as veciñas e os veciños.

Grazas a Gadis e ó Festival de Cans este Nadal sorrimos un pouco máis.

Bo Nadal a todas e todos e Vivamos como galeg@s!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

17 − 3 =