Filmes dende o guión no encontro A que andas?

Un dos encontros máis agardados polo público e de máis éxito do Festival de Cans é A que andas?, onde as persoas asistentes poden coñecer por vez primeira e dende o guión os proxectos de algunhas das figuras máis destacadas do noso audiovisual. Esta actividade, que nace en colaboración coa Asociación Sindical Galega de Guionistas, terá lugar o venres 24 de maio ás 13h00 no Baixo de Moncho.

A selección de cineastas que participa en A que andas? destaca polo seu vínculo con Cans e pola cantidade de premios que acumulan en conxunto. Por exemplo, teremos connosco ao meirense Andrés Goteira falando de STARMUCKS (A pequena variación), unha nova historia de suspense despois de Dhogs, a súa ópera prima, que coñecemos en Cans e que gañou trece Mestre Mateo. Outro dos directores galegos máis premiados é Álvaro Gago, que con Matria foi finalista dos Goya, premiado en Sundance e bateu un récord en Cans ao levar catro premios na pasada edición. Desta volta daranos máis datos e falaranos do agardadísimo guión da súa primeira longametraxe Algo parecido á felicidadeTamén é un vello coñecido do festival Fernando Cortizo, que gañou o premio á Mellor Curta de Animación en 2007. Despois de gañar seis Mestre Mateo e estar nominada nos Goya ou Sitges con O apóstoloCortizo acode a este encontro para falarnos deShkid, unha longametraxe na que mesturará a ficción coa animación. Tamén estará connosco outra das referencias da animación galega: Chelo Loureiro, homenaxeada co noso Premio Pedigree pola súa labor producindo a cineastas como Alberto Vázquez (Psiconautas), dará conta do seu salto á dirección e explicaranos máis da historia que hai detrás de Valentina. Por último, o tándem formado polo actor Víctor Duplá Diana Toucedo, directora de Trinta Lumes, tratará o proceso de adaptación á gran pantalla da obra teatral A leituga, un filme que estará producido por Frida Films.