Palmarés de Cans 2016

O xurado da XIII edición do Festival de Cans, formado por Dani de la Torre, Belén Constenla, Manuel Jabois, Helena Miquel, Nacho Castaño e Ana Cermeño, acordou, despois do visionado das curtametraxes a concurso e a deliberación, outorgar os seguintes premios:

  • Premio do xurado á mellor curtametraxe de imaxe real, cunha dotación de 2.000 € e Can de Pedra, para Ladrones de Tiempo, de Fran X. Rodríguez, por tocar unha liña moi delicada contemporáneamente e complexa; a fraccionalidade do tempo. Por ter un planteamento orixinal e ambicioso, cunha factura técnica intachable e unha mensaxe potente.
  • Premio do xurado á mellor curtametraxe de animación, cunha dotación de 1.500 € e Can de Pedra, por unanimidade, para Viaje a Pies, de Khris Cembe, por ser o mellor realizado, cunha posta en escena e guion sorprendentes. Por ser unha curta moi especial, ter unha imaxe potente e estar moi ben narrada.
  • Premio especial do xurado dos veciños á mellor curtametraxe, dotado cun Can de Pedra, para Lurna, por reflexar unha realidade social triste de algo que percibimos a diario como son os problemas de inmigración e por contalo e máis a forma na que está contado.
  • Premio do xurado á mellor actriz, cunha dotación de 250€ e Can de Pedra, para Diaryatou Daff por Lurna, por expresar simplemente coa súa mirada moitas cousas nunha interpretación moi complexa e contida. Así como a autenticidade na súa interpretación.
  • Premio do xurado á mellor actor, cunha dotación de 250€ e Can de Pedra Xosé Barato por A liña política, pola naturalidade da súa interpretación e por transmitir verdade en todo o que di.
  • Premio CREA do xurado á mellor realización, dotado con 300€ e Can de Pedra, para Juan Hervella-Rego por Share o no share, por levar a cabo unha relaización moi completa, cunha posta en escena espectacular e unha boa dirección de actores.
  • Premio AGAG do xurado ao mellor guión, dotado con 300 € e Can de Pedra, para Marcos Nine por Ladrones de Tiempo, pola súa orixinalidade e unha anclaxe moi complexa de todos os elementos que funciona como un reloxo.
  • Premio do xurado á mellor banda sonora orixinal, dotado cun Can de Pedra, para Lurna de Manu Conde. O xurado salientou que se trata dunha banda sonora que fusiona matices étnicos e moi ben integrados co relato, e que funciona moi ben dramáticamente.
  • Premio do público á mellor curtametraxe para Ladrones de Tiempo, de Fran X. Rodríguez
O xurado dos videoclips da XIII edición do Festival de Cans, formado por Déborah Vukusic Rodríguez, Pablo González Batista, Teresa Cuíñas Lavandeira e Amaro Ferreiro Rodríguez, acordou, despois do visionado dos videoclips a concurso e a deliberación, outorgar o Premio do Xurado dos Videoclips ao video do tema “Buscando a superfama” de Heredeiros da Crus, dirixido por Olga Osorio, por ser un videoclip no que imaxe e música dialogan en igualdade de condicións, por ser unha peza que amplifica unha canción moi pegadiza e reflicte moi ben o seu contido, por representar á perfección ao grupo e o seu espírito, e por mostrar un gran equilibrio entre medios de produción e creatividade.
O xurado quere facer unha mención especial ao videoclip “El último esfuerzo” de Manos de Topo, dirixido por Alejandro Marzoa, por transgredir as fronteiras do videoclip e convertilo nunha curtametraxe, por ser técnicamente impecable e pola súa capacidade para facer unha parodia do grupo que alcanza a outras formacións musicais coas que Manos de Topo adoita compartir escenarios.

O Premio do público ao mellor videoclip foi para With my hands, de Furious Monkey House, realizado por J.D.Gamallo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

1 × four =