Cans Voulevar

Cans Voulevar

A estrada principal de Cans córtase nos días do festival, e convértese baixo unha carpa nun dos espazos con máis ambiente: o Cans Voulevar. Aquí pódese tomar unha cervexa, comer algo, ver concertos, mercar a codiciada camisola do festival no noso posto de merchandising, algún agasallo no mercadillo ou visitar unha exposición de viñetas. Xa pasaron por aquí xenios como Xosé Lois “O Carrabouxo”, Luis Davila “O Bichero” ou Xaquín Marín.