“CANS”, A NOVA NOVELA DO ESCRITOR CARLOS MEIXIDE

O Festival de Cans xa ten libro! O autor Carlos Meixide ven de publicar “Cans”, a súa última obra narrativa, que é a continuación do seu exitoso libro “Ons”, que vai xa pola súa terceira edición.

“Cans” é un libro ilustrado pola pintora María Meijide que ten a súa trama centrada nun grupo de rapaces que veñen a rodar unha curta a Cans os días do festival. Con humor, misterio e intriga, gran parte da narración desenvólvese arredor do vello túnel do tranvía no Alto do Confurco, que buscaba unir Mondariz Balneario con Vigo.

A obra foi promovida polo Festival de Cans a través da sección “Miradas de Cans”, e posteriormente desenvólvese dentro do marco de residencias artísticas que trata de promover o festival ó longo do ano. Neste caso, o festival convidou o escritor Carlos Meixide a visitar a aldea en varias ocasións e facer unha trama que estivese centrada no festival.

O resultado encantounos, agardamos que a vós tamén.

Sin título-1

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

three × three =