Baixo de Moncho

Baixo de Moncho

Ubicado debaixo do que foi o antigo Bar Moncho, este baixo con chan de terra é unha mestura de adega e garaxe. Tanto podedes ver os barrís de viño da colleita de Moncho como os xamóns colgando nunha esquina. Cun pouco de sorte, Moncho ata pode sacar a harmónica e botar unhas pezas. O venres sae de aquí a primeira gran procesión de chimpíns, cara o final da tarde. Un lugar de proxeccións e de reunión e punto de partida do festival.