Actividades para nenas e nenos festivaleiros

Os máis pequenos tamén teñen hoxe dende ben cedo actividades para escoller no Festival de Cans. O parque do río estará en funcionamento todo o día con xogos tradicionais e xantares con menús infantís a prezos económicos. Pola mañá poderán asistir á proxección da longametraxe de animación Maimiño, de Ernestro Padrón, unha produción de Ficción Producciones e o Instituto de Cine Cubano.

web_trioacivro

Alecrín Monicreques poñerá en escena tres historias de amizade, unha delas localizada en Cans e todas elas cheas de personaxes que buscan a felicidade. De novo haberá escolma de curtametraxes de animación na Caixa de Mistos, que este ano propón tamén un obradoiro de filmes para nenos. E o Trío Acivro, un pai e os seus dous fillos, ofrecerán unha actuación didáctica e informal, con música clásica, de bandas sonoras inspirada no penedo do Beethoven ou Pianista de Cans.

Lembrade que tanto os monicreques como a actuación do Trío Acivro requiren entrada, cun custe de 3€, e que estarán á venda nos respectivos espazos de cada actividade: o Baixo de Carlos e o Cuberto de Pato.

Consultade toda a información do MiniCans aquí.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

four × four =