Abrimos o Prazo de Inscrición

O Festival de Cans é un evento destinado a promover o talento das novas e novos creadores que farán o cine do futuro. Ata o 4 de marzo estará aberto o prazo para enviar curtametraxes e videoclips para entrar a concurso na XIII edición que se celebrará do 18 ó 21 de maio de 2016. Admítense curtas de ficción, de non-ficción, de animación e de todo o que consideredes que son pezas curtas que precisen dun público que as desfrute, como os videoclips por exemplo.

E ademáis este ano chegaremos ata os 6.400 euros en metálico en premios, que para iso facemos o festival, para intentar axudarvos e que sigades facendo cine no futuro. Nesta edición, desde a organización tamén nos esforzamos en aumentar as dotacións de moitos dos premios, principalmente o Premio do Xurado, que levará nesta edición 2.000 euros acompañado do noso célebre Can de Pedra.

¿A que estás esperando? Consulta aquí as bases e inscribe os teus traballos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

20 − six =