A PELÍCULA GALEGA “A ILLA DAS MENTIRAS” ABRIRÁ O XVII FESTIVAL DE CANS

  • O filme será o agardado debú da directora galega Paula Cons e suporá a súa estrea en salas, antes da súa distribución en cinemas.
  • O cartaz do certame, realizado por NikisGalicia, homenaxea a Chano Piñeiro cando se cumpren vintecinco anos do seu falecemento, que se conmemora con varias actividades.
  • Cans ten este ano acceso restrinxido, medidas de seguridade e hixiene especiais e para acceder ás actividades necesitarase mercar as entradas, á venda desde o 27 de xullo.

Cans, O Porriño, 21 de xullo de 2020. A estrea do filme “A illa das mentiras”, antes de que a súa distribución chegue ás salas de cinema, servirá para abrir a XVII edición do Festival de Cans, que terá lugar do 2 ao 5 de Setembro. A agardada longametraxe da debutante Paula Cons, comparte ademais protagonismo este ano coa homenaxe a Chano Piñeiro e a súa figura, que o festival prepara para conmemorar o vixésimo quinto aniversario do seu pasamento. Á figura do creador de clásicos do audiovisual galego coma “Mamasunción” ou ‘Sempre Xonxa” adicáselle o cartaz do certame deste ano, a través da figura icónica do seu personaxe Caladiño.

Parte da programación da XVII edición do Festival de Cans presentouse hoxe na compostelá tenda NikisGalicia, cuxo equipo deseña cada ano os cartaces do Festival e apoia a súa celebración. Nesta edición, a seguridade e, de maneira moi especial, trazar un ‘escudo protector’ sobre os maiores de Cans, é o primeiro obxectivo do Festival, que reducirá considerablemente o seu aforo e eliminará os concertos nocturnos, para adaptarse ás medidas de seguridade

“A illa das mentiras”

‘A illa das mentiras’, primera película de Paula Cons, acaba de recibir esta semana unha extraordinaria noticia, ao confirmarse a súa participación no Festival de Shanghai, un certamen considerado de Clase A e un dos más importantes do mundo. Este recoñecimento supón un gran aval para o filme, uns días antes da súa chegada á plataforma de pago Filmin, na última semana de xullo.

‘A Illa das mentiras’ recupera a historia do naufraxio do vapor Santa Isabel, en 1921, con centos de emigrantes con destino a Bos Aires abordo, fronte á Illa de Sálvora. Cons, que asina tamén o sólido guión da película, creou a partir desta historia un filme cunha trama abafante, que vai envolvendo a todas as persoas que habitan a illa e levando ós seus personaxes ata o limite.

O fime ten un reparto coral, onde as mulleres da illa, interpretadas por Nerea Barros, Victoria Teijeiro e Ana Oca, levan o peso da trama. Outros dos protagonistas do filme son Dario Grandinetti e Aítor Luna, ademais dun nutrido elenco de actrices e actores galegos. Unha gran parte deste elenco estará presente en Cans, no acto de apertura do Festival previsto para o xoves 3 de Setembro no Salón do Circulo Recreativo Cultural. Nesta ocasión, seguindo as restrictivas normas de aforo, só 120 persoas poderán aceeder á sala, á través dunha preinscrición previa que o certamen anunciará uns días antes do pase.

Para o director do Festival, Alfonso Pato, é “unha honra abrir o festival cunha persoa tan querida para nós coma Paula Cons. O pasado ano xa nos avanzou as imaxes da súa película na Nosa sección ‘Fillxs de Cans’. Tivemos fe cega na película e nas súas posibilidades desde o primeiro visionado”.

Paula Cons foi contundente: “Non se me ocorre mellor sitio para facer esta presentación que Cans, porque vai ser a primeira vez que esta película se vexa no seu fogar natural que é unha pantalla grande, así que vai ser unha presentación cargadísima de emoción, de electricidade”. Cons, que asegura que ao equipo da película “faille tanta ilusión levar a película a Shangai coma ao Festival de Cans”. Por iso, aclarou, “tanto dende o equipo de ‘A illa das metiras’ coma dende o Festival fixemos un esforzo moi grande para poder presentar aquí, en pantalla grande, esta película tan fondamente galega”.

A actriz Victoria Teijeira incidiu na presentación en que ’A illa das mentiras’, malia contar unha historia acontecida en 1920 “é moi actual, unha historia de mulleres, e de xente que tiña que amigrar para traballar, que sufriu un naufraxio…”.

Aforo reducido e venda de entradas

A presidenta da Asociación Cultural Arelas, Keka Losada, explicou que “foi un gran esforzo chegar ata aquí. Queremos facer un certame moi especial, con prudencia e responsabilidade, con moi poucas entradas esta vez”. Malia as dificultades, Losada lembrou que “hai moitas persoas que apoian Cans ano tras ano e que sabemos que van estar aí”

As entradas poderán mercarse na tenda online do festival de Cans – https://tenda.festivaldecans.com/-, as 200 únicas entradas de mañá e outras 200 de tarde que o certame sacará á venta este ano para ver as curtametraxes a concurso. Só sairán á venda en packs con camisola, con prezos que van variar entre os 20 e os 27 euros, e que incluirán tamén accesos á coloquios e ás

actuacións musicais para o público sentado.

Nesta edición só poderán acceder ás proxecións, coloquios na Leira, e aduacións persoas que teñan unha entrada, debido á necesidade de ter un control do aforo. Todas as persoas deberán cumprir as normas vixentes de uso de mascarilla, hixiene e distancia mento social.

Sobre o cartaz, Fabián Moldes, director de Produción de Nikkis Galicia, explicou que é unha homenaxe a Chano Piñeiro, a través do personaxe emblemático de Caladiño, que representa á Galica máxica e soñadora, coa súa bicicleta voadora”.