Leira de Alicia – Espazo Mahou

A Leira de Alicia é a leira con maiúsculas. Aquí celébranse os coloquios na leira, con directores e directoras recoñecidas e tamén se programan actividades arredor do Jalpón de Alicia, sala de proxección que está pegada. Na entrada sempre está a señora Alicia, avoa do Festival, cun sorriso para recibirnos a todos e convidarnos a que nos estomballemos na leira á vontade. Cineastas como Juanma Bajo Ulloa, José Luis Cuerda, Fernando León, Isabel Coixet ou Martín Cuenca pasaron por este espazo e claro, foron bicados con efusividade pola señora Alicia.