Budiño, Antón Reixa e Chisme convertirán o Invernadoiro de Mucha do Peso nun dos espazos estrela do Festival de Cans

A señora Mucha e o seu home, Juan, dúas das persoas de maior idade da aldea de Cans, 80 e 88 anos respectivamente, comezan estes días a estirar a alfombra vermella para acoller de novo no seu cuberto e no seu invernadoiro, unha das chamadas a ser a programación estrela da XVI edición do Festival de Cans.

Continúe lendo Budiño, Antón Reixa e Chisme convertirán o Invernadoiro de Mucha do Peso nun dos espazos estrela do Festival de Cans

Nove curtas compoñen FuraCans, a competición de non-ficción que se consolida no Festival de Cans

O Festival de Cans acolle por segundo ano dentro da súa sección oficial o bloque de FuraCans, a competición de non-ficción que se consolida nesta 16ª edición. Neste espazo, no que se poderá ver unha panorámica xeral do que están a realizar parte das xeracións máis novas do cinema galego Continúe lendo Nove curtas compoñen FuraCans, a competición de non-ficción que se consolida no Festival de Cans

O cineasta alemán Hannes Stöhr protagoniza a primeira retrospectiva internacional do Festival de Cans

O realizador alemán Hannes Stöhr asistirá ao Festival de Cans, que se celebra do 22 ao 25 de maio, para protagonizar a primeira retrospectiva internacional da historia do certame. Continúe lendo O cineasta alemán Hannes Stöhr protagoniza a primeira retrospectiva internacional do Festival de Cans

O Festival de Cans acollerá por primeira vez un Concurso de Pintura Rápida que xirará arredor do cine

O Festival de Cans acollerá por primeira na súa historia un Concurso de Pintura Rápida na cita anual do evento coa creación artística. A actividade sustituirá á Can Parade, en busca de abrirse a novos horizontes e disciplinas.

O concurso terá lugar en O Porriño, no entorno da praza do Concello, o xoves 23 de maio. Continúe lendo O Festival de Cans acollerá por primeira vez un Concurso de Pintura Rápida que xirará arredor do cine

O Festival de Cans viaxa este venres ata a Sorbona de París

O Festival de Cans, que se celebrará do 22 ao 25 de maio, porá nesta 16ª edición o foco de atención na súa internacionalización. Esta vontade, presente na imaxe gráfica e no lema deste ano, márcase na idea de ir abrindo unha fiestra para aumentar a presenza de realizadoras e realizadores doutros países Continúe lendo O Festival de Cans viaxa este venres ata a Sorbona de París