Premios e Recoñecementos

PREMIOS

  • 2025. Premio Antonio Palacios da Cultura, outorgado polo Concello do Porriño.

  • 2024. Premio CREA de Honra, outorgado pola Asociación de profesionais Galegos da Realización (CREA).
  • 2023. Premio Alecrín á Promoción Cultural, outorgado pola Federación Galega de Entidades Culturais de Catalunya (FEGALCAT).
  • 2022. Premio Rodolfo Prada á Xestión Cultural, outorgado pola Diputación de Ourense a partir do veredicto dun xurado especializado.

  • 2019. Premio da Cultura Galega 2018, outorgado pola Xunta de Galicia. Trátase do galardón máis prestixioso da cultura en Galicia, resolto a partir do veredicto dun xurado independente de representantes da cultura (por primeira vez concédese o premio a un festival de cine).

  • 2015. Premio Festival de Ascaso (Aragón), concedido pola promoción do cine de autor na contorna rural.
  • 2013. Premio Internacional Ateneo de Ourense ao Fomento da Cultura.
  • 2011. Premio Provincial da Cultura na categoría de Innovación e Vangarda, outorgado pola Deputación de Pontevedra.

  • 2010. Premio Círculo da Cultura, outorgado pola entidade privada CRC O Porriño.
  • 2009. Premio da Crítica de Galicia á mellor iniciativa cultural de Galicia, outorgado pola Fundación Premios da Crítica.
  • 2007. Premio Festivalito da Palma (A Palma, Canarias) ao Festival de Cine Revelación.

RECOÑECEMENTOS

  • 2021. A Bienal de Arquitectura de Venecia, a máis importante do mundo, expón unha instalación sobre o Festival de Cans no pavillón de España. Trátase dun proxecto sobre arquitectura, cine e territorio, impulsado polo propio festival e os arquitectos Juan Creus e Covadonga Carrasco.
  • 2021. O Festival de Cans, elixido 3ª mellor iniciativa cultural de Galicia en 2021, no estudo da situación da cultura da Fundación Contemporánea, una das máis prestixiosas de España.
  • 2018. Presentación da tese doutoral “Estudo de impacto dun evento cultural: o caso do Festival de Cans”, de Fran Núñez, dirixida polo profesor Fuco Sangiao na Universidade de Santiago de Compostela.
  • 2017. O Festival de Cans membro do Banco Galego de Boas Prácticas en Xestión Cultural, da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (Agpxc), no que se inclúen os 100 proxectos galegos máis destacados no ámbito cultural.
  • 2015. Estudo do departamento de territorio da Facultade de Arquitectura da Universidade da Coruña, que se plasmou na exposición “Ducia de Cans”, impulsada pola UDC, no Edificio Normal (A Coruña).